cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 28 de abril de 2021

Actividade MEL DE GALICIA

Onte tivemos unha actividade para os alumnos e alumnas de primaria sobre  "o mel de Galicia".

Explicáronnos todo proceso da elaboración da mel, o traballo do apicultor, ensinounos unha colmea cos paneis e tamén nos trouxeron un pequeno agasallo para cada neno/a.







jueves, 22 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO

 Con motivo do día do libro, o venres 23 de abril foron moitas as actividades que levamos a cabo ao longo da xornada.

Os nenos/as de Educación Infantil, foron por un día uns fantásticos contacontos e contáronnos os seus libros favoritos.






E como non podía ser doutro xeito, a nosa mascota Miroleo fíxolle entrega a cada neno/a dun diploma


 O luns 26 de abril, a actividade central para celebrar o Día do Libro foi a visita de Charo Golmar e Amalia López"Luchi" para presentarnos o seu libro "Nobelo de luz" .


 

Moitísimas grazas pola vosa visita, polo voso agarimo, e por encher de luz os nosos corazóns!

 

















jueves, 1 de abril de 2021

Actividades no centro. PRESENTACIÓN PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO.

  Ademais de colaborar no pintado do mural, os alumnos de 6º fixeron a presentación sobre o PROXECTO O CAMIÑO DE SANTIAGO.

Trátase do proxecto escollido polo equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto coa biblioteca do centro. Este proxecto terá unha duración de dous cursos académicos, e por aulas iremos investigando, traballando, aprendedo sobre o Camiño de Santiago coincidindo co ano xacobeo.

Fixéronno por clases e adaptaron a presentación para cada unha das aulas  do centro.








 E xa para rematar a mañá, por aulas fixeron o xogo da  búsqueda do ovo, que consistía en atopar  nas zonas establecidas unhas bolas escondidas que logo canxearon por ovos de Pascua.









Actvidades no centro: PINTANDO O NOSO MURAL

 A mañá do pasado vernes, foi desas mañás que non houbo tempo para o aburrimento xa que estivo chea de sorpresas para os nenos/as do colexio.

Os alumnos/as de todo o centro participaron na elaboración do mural do corredor da entrada, baixo as ordes de Dani Seek.



E ASÍ DE FERMOSO QUEDOU!!!