cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

 Ao longo desta semana, levamos  traballando a Paz de varias maneiras.

Na biblioteca comenzamos actualizando as  recomendacións para os préstamos semanais:




Decoramos o colexio con 5 aros da Paz. Os nosos aros son un símbolo de Educar para a PAZ, reflexado nestes aros  "mensaxes" de valores e actitudes como a  liberdade, respecto, solidaridade, colaboración, tolerancia e diálogo.
 







 Pero o noso alumnado tamén elaborou e decorou a súa medalla da PAZ.





martes, 25 de enero de 2022

ANO NOVO...PROXECTO NOVO!!

 Prezadas familias, co inicio do 2º trimestre damos por comezo o proxecto de centro deste curso.

   A temática elexida foi: “ OS CAMIÑOS QUE CONTAN” (2º parte)-O CAMIÑO MIÑOTO RIBEIRO.

    O camiño Miñoto-Ribeiro, unha antiga ruta de peregrinación que enlazaba  o Norte de Portugal a Santiago de Compostela.

   A ruta discorre na nosa comunidade polos concellos de: Lobios, Entrimo, Padrenda, Pontedeva, Cortegada, A Arnoia, Ribadavia, Beade, Leiro, Boborás, Beariz, Forcarei, A Estrada( O NOSO CONCELLO), Vedra (LIMÍTROFE CONNOSCO) e Santiago de Compostela.

      O Camiño Miñoto Ribeiro é un dos devanceiros que enlazaban o norte de Portugal con Compostela, sendo por natureza, eixe dinamizador dunha contorna, da nosa contorna. O programa “Camiño Miñoto Ribeiro” (CMR) nace para dar continuidade ao labor emprendido polo CEIP Plurilingüe de Oca durante o curso 2020-2021 arredor do Camiño de Santiago e da Vía da Prata. Con este programa, deseñado para o curso 2021-2022, amais preténdese relacionar o “fenómeno xacobeo” cos elementos da identidade miñota: historia, natureza, termalismo e viño.

 

Coa colaboración de Rubén, de Patrimonia de Vedra, o alumnado de 3º, 4 e 6º tivo hoxe a primeira sesión. O luns será a quenda do alumnado de Infantil, 1º e 2º.

 
























👉https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2022/01/30/colegio-oca-descubre-camino-minoto-62107404.html