cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 23 de diciembre de 2022

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano máis, aquí vos amosamos as fermosas postais que chegaron ao colexio. Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración, esforzo e imaxinación🎄🎅🎇.

O equipo da biblioteca, tívoo realmente difícil para escoller dúas de entre todas.







E as postais gañadoras son:


SALETA GESTOSO FUENTES: postal escollida para a felicitación á comunidade educativa


 

ALLEGRA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ: postal escollida para as recomendacións lectoras




miércoles, 21 de diciembre de 2022

COCIÑEIR@S POR UN DÍA!

Durante a xornada de onte tivemos a oportunidade de  realizar un taller de cociña. Escollemos ingredientes que nos encantan e aproveitando  estas datas, creamos doces ca forma de árbores e estrelas de nadal. 

Durante o recreo puidemos degustar este magnífico postre. Animámosvos a facelo na casa!







                                             Para ver todas as imaxes, clicade aquí.

TALLER DE POESÍA

A nosa biblioteca mantense viva e con moitísimas actividades. Unha das últimas, foi un taller de poesía, impartido pola poetisa Amanda Plaza. Nel aprendimos a rimar, medir versos e incluso nos animamos a compoñer diferentes obras, recitándoas finalmente, diante dos nosos compañeiros e mestres, un público realmente esixente.
Pola súa banda, Amanda tamén nos recitou algún dos poemas recollidos no seu último libro.
Encantáronnos!



Para ver todas as imaxes, clicade aquí.



DÍA DA DISCAPACIDADE

O 3 de decembro foi  Día da Discapacidade. Dentro das actividade de concienciación do alumando, o  E da biblioteca actualizaron as recomendacións coa bibliografía relacionada.


lunes, 5 de diciembre de 2022

V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano mais seguimos cunha das actividades de mais éxito do colexio, o V CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!🎄🎅🎇

Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas do centro. De entre todas as postais escolleremos dúas, asique animámosvos a todos a participar  e deixade a vosa imaxinación voar!!


 

V MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR

 O pasado martes o alumnado de 4º e 5º participou na V Mostra de teatro escolar "Olimpio Arca Caldas".
Tivo lugar no Teatro Principal da Estrada e xunto con outros centros da contorna, o noso alumnado representou "A BERENGUELA" unha pequena obra de Manuel María.