O teatro Principal da Estrada acolleu este mércores a XII Festa das Palabras, que lle puxo o ramo á duodécima edición do concurso de micropoemas e microrrelatos organizado por Dinamizaestrada que promove o uso da lingua galega a través da creación literaria do alumnado de tódolos centros educativos do municipio. Un total de 62 novos autores recolleron o mellor premio: un volume que reúne todas as composicións gañadoras.
O acto foi conducido por Lara Rey Rosende e Iker Recio Matalobos, dous alumnos do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, quen foron os encargados de presentar a madriña desta edición, Susana Sánchez Aríns. Tamén presentaron ao grupo musical estradense O Regueiriño de Lamas, o cal actuou en tres ocasións con temas populares en homenaxe ás cantareiras, e por último, presentaron ao xurado encargado de premiar aos diferentes gañadores en tódalas categorías dos premios de micropoemas e microrrelatos.
Na categoría de micropoemas, os participantes tiñan que crear una pequena obra ca palabra «pobo» incluída, mentres que nos microrrelatos, a palabra escollida durante o curso polos propios estudantes foi «pandeireta».
No hay comentarios:
Publicar un comentario