miércoles, 11 de junio de 2025

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O pasado 5 de xuño, celebrouse o Día Mundial do Medioambiente. Para dita conmemoración, dende o centro, realizáronse varias actividades.

Por unha banda, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, encargouse da gravación dun podcats no que se aborda o problema da contaminación, falando tanto dos tipos de contaminación existentes, as súas consecuencias, pero tamén aquilo que podemos facer nós para contribuír ao coidado do noso planeta.

Trátase dun programa moi didáctico e entretido, animámosvos a escoitalo!


Ademais, da man de Labralia, todo o alumnado do centro dispúxose á plantación do noso horto. 












A maiores, realizouse unha xornada de limpeza da nosa contorna. O alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, encargouse da recollida de residuos en torno ao noso centro e no noso patio. Unha xornada de reflexión sobre a importancia de coidar o medio que nos rodea.







Por último, os cativos/as de 4º e 5º de Ed. Infantil, leron o libro dos Bolechos, Os animais do bosque, lectura moi interesante para dita conmemoración, posto que ademais de presentar aos animais que habitan nos montes galegos, reflexiona sobre a importancia do coidado destos ecosistemas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario