Temos que poñer punto e final a un curso marabilloso, cheo de aprendizaxes e vivenzas. Pero antes, queremos despedir ao alumnado de sexto de Ed. Primaria, quen comeza unha nova etapa. Desexámoslle moita sorte e agardamos a súa visita o vindeiro curso!!!
A continuación, deixámosvos unhas fotos da súa graduación.
Ademais, tamén fixemos a graduación de 6º de Educación Infantil. Estes pequenos/as seguen no colexio, pero tamén se dispoñen a un gran cambio de etapa. Por iso, tamén fixemos un pequeno acto para festexar este cambio.
Desfrutade moito do verán!!!! Vémonos no próximo curso!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario