Durante este mes de outubro, os monstros, bruxas, lobishomes... e demais criaturas terroríficas, protagonizan as lecturas recomendadas por Miroleo.
Achégate ó expositor e escolle a que máis che guste!!!
Durante este mes de outubro, os monstros, bruxas, lobishomes... e demais criaturas terroríficas, protagonizan as lecturas recomendadas por Miroleo.
Achégate ó expositor e escolle a que máis che guste!!!
Ademais, os colaboradores aproveitaron esta ocasión para convidar ó resto do centro a ver a súa obra "As fechorías da bruxa Catuxa". Trátase dunha obra representada con títeres, escrita e interpretada por eles mesmos.
Un ano máis, podemos amosarvos os resultados da actividade realizada en colaboración co Concello da Estrada e os Equipos de Dinamización da lingua galega da Estrada:DINAMIZA TV!!
No noso noticieiro ensinámosvos varias actividades feitas ao longo do curso, entrevista a nosa auxiliar de conversa, os atranques do entroido, recunchos preferidos, xogos tradicionais, recomendacións lectoras...quedades coas nosas presentadoras Xiana e María:
Onte para rematar o curso, realizamos todo o colexio unha saída ó Grove. Primeiro fomos en catamarán pola Ría de Arousa, logo visitamos o Acuario e por últimos desfrutamos na Aldea Grobbit.
Mirade que ben o pasamos
O curso está chegando ó seu remate, e por iso para os momentos de lecer do verán, aquí vos deixamos unhas recomendacións lectoras para todas as idades e gustos. Un traballo conxunto entre os centros Plambe da Estrada
BOAS LECTURAS!!!
Onte tivo lugar a décima edición da Festa das Palabras!
Hoxe no colexio tivemos a oportunidade de ter un PLANETARIO!!🌎
En dúas sesións o alumnado visionou dúas proxeccións interactivas dentro dunha bóla ou cúpula hinchable. O cine esférico proxectou imaxes en 360º e en formato "full dome" en 3D.