cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións postais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposicións postais. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de diciembre de 2024

VII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Un ano máis seguimos cunha das actividades de mais éxito do colexio, o VII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!🎄🎅🎇

Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas do centro. De entre todas as postais escolleremos dúas, asique animámosvos a todos a participar  e deixade a vosa imaxinación voar!!


 E aquí tedes todas as fermosísimas postais. Foi ben complexo escoller dúas entre todas





E os gañadores son:

- Isaac para a portada das recomendacións lectoras.

 


 

- Adrián para a felicitación á comunidade educativa.

 


jueves, 2 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓNS DE SAMAÍN

Como todos os anos, durante estas semanas, na entrada do centro contamos cunha gran exposición de manualidades feitas con produtos desta época, a maioría e dada a data,  de temática terrorífica. 
O alumnado coa axuda das súas familias crearon uns traballos tremendamente orixinais.









A maiores, acompañando esta exposición atopamos aterradores monstros creados polo alumnado de Infantil ademais da mostra de postais de Samaín. 

Tódolos cursos, intercambiamos postais de Samaín  con outros centros da Estrada. Este ano,  as nosas postais foron enviadas ós colexios do Foxo, Cabada Vázquez e Pérez Viondi, esperamos que lles gustasen moito! Pola nosa parte, recibimos postais dos CEIP Cabada Vázquez e Pérez Viondi, encantáronnos!!!