cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta 3º CICLO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 3º CICLO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de diciembre de 2019

XOGADE

O pasado xoves 5 de decembro o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de primaria, participaron na actividade Xogade, unha carreira polo río Liñares.Noraboa aos gañadores!!
Así de ben o pasaron.




miércoles, 20 de junio de 2018

PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA- PLAN PROXECTA:PAISAXE E SUSTENTABILIDADE

ESTIMADAS FAMILIAS, A CONTINUACIÓN AMOSÁMOSVOS AS ACTIVIDADES REALIZADAS Ó LONGO DO CURSO EN RELACIÓN Ó PROXECTO ANUAL SOBRE O PAZO DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

OS ALUMNOS DE 6º FIXERON UNHA PRESENTACIÓN SOBRE O PAZO E UN POWER POINT SOBRE OS ASPECTOS PRINCIPAIS DA CAMELIA



OS ALUMNOS DE 5º FIXERON UN MURAL SOBRE O XARDÍN DE PAZO DE SANTA CRUZ DE  RIBADULLA SOBRE AS ÁRBORES MONUMENTAIS E SINGULARES DE GALICIA


OS ALUMNOS DE 3º E 4º  TRABALLARON SOBRE A HISTORIA DO PAZO. FIXERON UN ESTUDO DO PASADO DO PAZO E DOS SEUS EDIFICIOS PRINCIPAIS. ADEMAIS CALCULARON A DISTANCIA EN KILÓMETROS DENDE O PAZO ATA O COLEXIO





OS ALUMNOS DE 2º TRABALLARON O OLIVO: USOS, FOLLAS, FLOR, TRONCO, DEBUXO...ADEMAIS FIXERON UN MURAL INTERACTIVO SOBRE A PAISAXE SONORA CO OBXECTIVO DE TRATAR A CONTAMINACIÓN SONORA






OS ALUMNOS DE INFANTIL TRABALLARON SOBRE AS FONTES E A AUGA. FIXERON UNHA GRAN DIVERSIDADE DE ACTIVIDADES COMO EXPERIMENTOS, MANUALIDADES, FOTOGRAFÍAS NAS FONTES DA SÚA CONTORNA, PREPARARON UNHA CANCIÓN SOBRE O CICLO DA AUGA...






lunes, 7 de mayo de 2018

PLAN DIRECTOR DA XUNTA

O pasado xoves achegouse ata o noso centro un garda civil para darlle unha pequena charla o alumnado de 5º e 6º de primaria. Dita charla pertence ao Plan Director da Xunta de Galicia e faloulles sobre as nosvas tecnoloxías, dos seus beneficios e inconvintes. Centrouse nas ameazas que nos podemos atopar na rede e das súas consecuencias na vida real.
Ademais dounos recomendacións e consellos para o uso das novas tecnoloxías, como tapar as webcam dos ordenadores, ter o noso perfil en Internet oculto ou privado, soamente falar con coñecidos e amigos, nunca publicar ou pasar fotografías íntimas polas redes sociais...





lunes, 23 de abril de 2018

CHARLA SOBRE FLORA E FAUNA-PLAN PROXECTA

A pasada semana tivo lugar na biblioteca unha charla do garda forestal da comarca  do deza para os alumnos de 5º e 6º de primaria.
Faloulles sobre a fauna e flora autóctona da nosa contorna.
En canto á flora, explicounos as características xerais dalgunhas árbores como a sobreira de Balboa (A Estrada) ou o bidueiro.
En relación coas aves, viron e escoitaron os sons de paxaros como a curuxa, a aguia real, o cuco, o peto real e avenoiteira.
En canto ós mamíferos, faloulles sobre o zorro, o oso pardo, o raposo e o lobo.
Pasaron unha tarde moi interesante e entretida coñecendo os seres vivos da contorna más próxima en relación co PLAN PROXECTA que se leva a cabo no noso centro: PAISAXE E SUSTENTABILIDADE.






martes, 3 de abril de 2018

VISITA A FEIRA DE ENERXÍA SOLAR

O pasado xoves 22 de Marzo o alumnado de 5º e 6º de primaria visitaron a feira de Enerxía Solar na Semana Verde de Silleda.
Fixeron un papavento e cociñaron chocolate nun forno solar. Mirade canto aprenderon!!!










jueves, 20 de noviembre de 2014

SAÍDA Á CORUÑA

NO MES DE NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA EN GALEGO ... FOMOS DE EXCURSIÓN Á CIDADE DE A CORUÑA PARA VISITAR A CASA DAS CIENCIAS, VER A TORRE DE HÉRCULES E VISITAR TAMÉN O ACUARIO!!!

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS !!!!





A CORUÑA

miércoles, 19 de marzo de 2014

A RITMO DE LATAS!!!!

Para os nenos e nenas de 3º ciclo, o que están practicando na clase de Música ... Moi pronto xa lles sairá e nos sorprenderán a todos e a todas!!!!!






martes, 12 de noviembre de 2013

VIDEOCONFERENCIA SOBRE O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO


http://www.cienciaengalego.org/arquivos/cienciaengalego1.jpg

Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego o martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convidounos a todos os centros educativos non universitarios a participar nunha videoconferencia vía web. Ademais de seguir a videoconferencia, podiamos particiar e interaccionar vía chat a través da sala virtual.
O alumnado ao que ía dirixido era 3º CICLO.

Máis información aquí:

http://www.cienciaengalego.org/drupal6/node/307

E para os que queirades saber máis sobre a ciencia en galego, aquí tedes dous enlaces interesantes:
Científicos/as galegos/as:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Categor%C3%ADa:Cient%C3%ADficos_galegos

A ciencia ten nome de muller:

http://gl.wikipedia.org/wiki/A_ciencia_ten_nome_de_muller

Xogos sobre ciencia

 http://www.kids.csic.es/

E na BIBLIOTECA, entre outros libros, atoparás estes, para seguir aprendendo CIENCIA EN GALEGO: