cartas de amor

miércoles, 11 de noviembre de 2026

Visítanos a zoqueira Elena Ferro

Logo duns días traballando cos materiais previos que enviou ao colexio, onte visitounos a zoqueira Elena Ferro coa súa proposta didáctica "Eu son zoqueira", centrada no oficio dos zoqueiros. 

Elena é a responsable do taller Eferro, en Merza, Vila de Cruces; e representa a continuidade dun obradoiro familiar activo dende 1915 recoñecido co Premio Nacional de Artesanía no 2019. O seu traballo axuda a renovar a imaxe do zoco tradicional, converténdoo nun complemento contemporáneo sen perder a súa esencia ligada á tradición rural.


Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que nos explicou: materiais, ferramentas, partes do zoco, proceso de elaboración, usos... foi unha actividade ben interesante!


Antes de marchar, non quixemos deixar pasar a ocasión de facerlle a Elena unha entrevista en RadiOca.


Podedes escoitar o resultado premendo na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipoca/taxonomy/term/115

MIROLEO RECOMENDA

 

Con motivo do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, Miroleo móstranos no mural expositor unha chea de recomendacións lectoras relacionadas con diversas temáticas científicas.

Bulide a botarlle un ollo!



lunes, 2 de noviembre de 2026

SAMAÍN

Estas semanas desfrutamos da celebración do Samaín no centro. Realizamos multitude de actividades, amosámosvos:

Por unha banda, como xa é tradición, houbo exposición de cabazas e produtos de outono. Os cativos/as coa colaboración das familias, botaron man da imaxinación e crearon obras divertidísimas a vez que terroríficas. 

Aquí vos deixamos unha mostra da terrorífica exposición, e dende aquí agradecer a todas as familias e alumnado por todas manualidades.VAIA ARTISTAS!!!

E mirade como temos os corredores do  centro... 















 

 Tamén realizamos intercambio de postais con outros centros Plambe da contorna. Mirade como foi o proceso de creación no noso colexio e os desexos que nos enviaron dende os outros!




 

 Se queredes ver mais fotos da nosa festa de Samaín e Magosto, podedes aceder ao seguinte enlace https://centros.edu.xunta.gal/ceipoca/galeria/thumbnails.php?album=64

MIROLEO RECOMENDA

O noso mural expositor está cheo de recomendacións lectoras relacionadas coa temática de Samaín. 

Achegádevos a velas!


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro. O lema deste ano,"Sen profesionais non hai bibliotecas", quere poñer no centro ás persoas que fan posible que as bibliotecas sexan moito máis que un simple conxunto de recursos, andeis e espazos.


Nesta data celebramos a todas as bibliotecas, tamén ás escolares. Ese lugar polo que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras. Por iso este ano o celebramos comezando coa formación de usuarios para empregar o novo lector de código de barras e os novos carnés da nosa biblioteca!

Tamén contamos o venres 30 de outubro coa actividade "Sorrisos máxicos" do Mago Paco, un espectáculo onde se mestura a maxia co humor e coa participación do público.


lunes, 22 de junio de 2026

PRESENTACIÓN PDI: VIVAMOS A NOSA MÚSICA

Como xa recollimos en publicacións anteriores, o PDI deste curso titulado Vivamos a Nosa Música, centrouse en achegar ao noso alumnado ás raíces celtas da nosa cultura e do noso folclore, partindo do Festival Intercéltico de Lorient (punto de encontro das chamadas “nacións celtas” no que se dan cita a cultura, a música e as tradicións dos diferentes países). Demos comezo a este proxecto, coa visita de Pablo Seoane, delegado nacional deste festival. 

Unha vez feitas todas as investigacións e presentacións, o pasado xoves, abrimos o centro a toda a comunidade educativa para que o alumnado puidera expoñer todo o aprendido.

Durante estas exposicións o alumnado de sexto de Ed. Primaria, actuaron de presentadores, dirixindo todo o acto. 



O alumnado de Ed. Infantil, centrouse no estudo do pobo celta, coñecer como e onde vivían e a súa simboloxía. 









Por outra banda, os alumnos/as de 1º,2º,3º e 4º de Ed. Primaria, expuxeron as semellanzas e  diferenzas coas músicas das rexións veciñas, facendo a comparativa de idiomas, instrumentos, danzas e traxes típicos entre Galicia, País Vasco e Asturias. 









Posteriormente, este alumnado interpretou Ríu Verde, canción e danza tradicional moi popular tanto en Asturias como en Cantabria. 



Ademais, a continuación, cantaron e tocaron a canción popular vasca, Aldapeko. 



E por último, bailaron a danza vasca, Esku Dantza.



O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, centráronse no estudo das rexións intercélticas 
(Galicia, Irlanda, Escocia, Bretaña Francesa, Gales, Illa de Man e Cornualles). 
En concreto, na súa localización,
idioma, música, instrumentos e vestimentas tradicionais, bailes, danzas típicas e grupos que participaron
no festival de Lorient. 






A continuación, interpretaron Iris Boy, con frautas e placas. 



E xa para rematar, todo o alumnado, profesorado e invitando ás familias, participaron da danza bretona An Dro. 


lunes, 15 de junio de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

 Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán que realizamos conxuntamente entre os centros PLAMBE da contorna:

- CEIP PLURILINGÜE DE OCA

- CEIP DO FOXO

- CEIP CABADA VÁZQUEZ

- CEIP PÉREZ VIONDI

- CEIP DE FIGUEIROA

 

FELIZ VERÁN E MOOOI BOAS LECTURAS