cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 23 de junio de 2021

Despedida curso 2020-2021

Hoxe foi un día moi feliz porque o curso rematou, pero á vez tamén foi un día cheo de emocións e recordos.

Hoxe demos a coñecer os gañadores do VIII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICORELATOS e fixemos entrega duns diplomas aos gañadores e o libro para todo o alumnado onde recolle todos os gañadores dos centros partipantes.




Despois fixemos un pequeno acto de despedida dos alumnos e alumnas de 6º de Primaria, que comezan unha nova etapa pero sempre estarán no noso recordo.



E non menos importantes, tamén un recordo para os cativos e cativas que quedan no colexio.

O grupo mixto de Educación Infantil coas titoras Rocío e Lourdes.

O grupo de 1º de primaria coa súa titora Irene

O grupo de 2º de primaria coa súa titora Alba


O grupo de 3º de primaria co seu titor Carlos


 

O grupo de 5º e 6º de primaria coa súa titora Ana



 

PASADE UN MOI VIERÁN!!!!

martes, 22 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2021


 Como todos os anos, aquí vos deixamos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN que elaboramos conxuntamente todos os centros PLAMBE da Estrada.


Feliz verán e BOAS LECTURAS!!!

viernes, 18 de junio de 2021

SAÍDA SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Hoxe todo o alumnado e profesorado fomos a Santiago de Compostela.

Primeiro visitamos a Catedral, pasamos pola Porta Santa, e logo fomos ao Museo de Historia Natural.

Mirade cantas cousas vimos!!!






miércoles, 9 de junio de 2021

SAÍDA A "AGRONOVO"

 Onte o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, realizou unha saída á Área Recreativa de Agronovo en Vedra, onde tiveron unha charla e logo exhibición sobre a pesca sen morte, impartida por David Arcay, tedes mais información sobre David no seguinte enlace https://arcayfishing.com/nosotros/

 





 

lunes, 7 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O 5 de xuño celebrouse o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. É importante sensibilizar aos nosos nenos e nenas sobre temas ambientais e sobre a saúde dos nosos ecosistemas.

É moi importante protexer o noso planeta e faise imprescindible poñer en valor a natureza para ter un futuro máis sostible.

Unha boa forma de conmemorar o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, é contribuir ao coidado da nosa natureza e loitar contra o cambio climático, e así nolo demostraron os alumnos e alumnas de 1º con esta iniciativa.






miércoles, 2 de junio de 2021

PLANTAMOS NO HORTO ESCOLAR

 Ao longo desta semana con gallo de conmemorar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE estamos aproveitando para facer a plantación no horto escolar dentro do proxecto de VOZ NATURA no que levamos anos participando.

Por grupos burbulla, xuntos coas indicacións de Óscar, o alumnado hoxe plantou pementos, leitugas e coliflor. Nos vindeiros días remataremos de acondicionar o horta e a plantación das fresas e os tomates.