cartas de amor

O NOSO ESPAZO

sábado, 26 de febrero de 2022

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 O mércores 23 de febreiro conmemoramos o día que naceu Rosalía de Castro, fai 185 anos.

Este é o primeiro ano que se celebra o día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro e non o 24. 
O cambio prodúcese despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase documentación 
que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos tería nacido un día coma 
hoxe. 

Coincidindo con esta celebración, no centro fixemos varias actividades na súa honra.
O alumnado de Infantil participou na decoración da pancarta.
 

  Logo o alumnado de 1º. 2º e 3º leron unha pequena biografía e recitaron os primeiros
 versos de "Adiós ríos, adiós fontes" "

 
Por último todos xuntos, cantamos a canción "No bico un cantar" un poema de Curros 
Enríquez adicado a Rosalía de Castro. 
  

Pola tarde o Teatro Principal da Estrada,  acolleu un acto onde diferentes nenos e nenas 
dos centro educativos recitaron poemas  de Rosalía.
En representación do noso centro, acudiu Antón  alumno de 3º de primaria e María alumna 
de 4º de primaria. Xuntos recitaron  un poema do pomeario "A VOLTA AO LAR".


 
 Tamén se presentou o vídeo elaborado por Lucas Terceiro para o Departamento de cultura

 

ANDAINA DE ENTROIDO

Despois duns cantos anos, fixemos o desfile do Entroido. Desta vez, a temática do entroido era o Camiño de Santiago- Camiño Miñoto Ribeiro, polo que o profesorado elaborou todos os disfraces para que os alumnos e alumnas luciran ben fermosos.

Os alumn@s de Infantil representaron a sinalización do camiño.

Os alumn@s de 1º e 2º de primaria representaron as termas e o viño

Os alumn@s representaban a fauna do camiño.

Os alumn@s de 4º representaban as diferentes etapas cuns mapas

Os alumn@s de 6º representaban a vestimenta dos peregrinos antigos, ao igual que o profesorado.

Fixemos unha andaina pola Vía da Prata,  dende Dornelas ata San Miguel de Castro, os alumnos e alumnas mais maiores quixeron subir ata o Castro de San Miguel onde puideron gozar dunhas fermosas vistas!

Moitas grazas ás familias que nos acompañaron!!
























martes, 22 de febrero de 2022

OS MANDATOS DO MECO NA SEMANA DO ENTROIDO

Esta semana, é a SEMANA DO ENTROIDO!!!🎪🎩🎭



No colexio xa temos o noso Meco preparado👇

 






poderédesnos ver no noso desfile de entroido👀

viernes, 18 de febrero de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

 


 Marie Curie, Rosalind Franklin, Ada Lovelace... non son poucas as mulleres que

 marcaron un fito no campo da ciencia. Algunhas das súas achegas foron esenciais: 
o descubrimento de virus, a estrutura do ADN ou mesmo as estrelas, contribuíron a  
facer avanzar a nosa sociedade. Por ela e por todas as mulleres que loitaron por
 investigar, nalgúns casos na sombra, conmemoramos o 11 de febreiro o Día
 Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Despois de décadas de pouco ou ningún recoñecemento do seu talento, é 
fundamental recoñecer e promover o talento das mulleres apaixonadas pola ciencia. 
Algunhass  deles  viron como o seu director de tese de doutoramento, o seu 
axudante ou mesmo o seu propio marido eran recompensados ​​por un traballo que
 realizaran case por completo.
 Malia sufrir prexuízos extremos e mesmo humillacións, seguiron traballando 
asiduamente en nome do coñecemento.
👉https://www.marie-claire.es/planeta-mujer/fotos/mujeres-que-cambiaron-el-rumbo-de-la-ciencia
 
No noso centro, quixemos contribuir a ese coñecemento elaborando uns móbiles:




 
 
  

lunes, 14 de febrero de 2022

DÍA DOS NAMORADOS

 Hoxe no colexio falamos do amor e da amizade.

Os alumnas e alumnos de Educación Infantil leron o conto De qué cor é un bico?



Logo elaboraron unhas piruletas de cores




miércoles, 2 de febrero de 2022

Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

  Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.

 Hoxe os alumnos-as de Ed. Infantil, celebraron o DÍA DA CANDELORIA. Dise que polo día de hoxe casan os paxariños e representa o renacer da natureza pola proximidade da primavera.