cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 30 de noviembre de 2021

IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano mais seguimos cunha das actividades de mais éxito do colexio, o IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!🎄🎅🎇

Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas do centro. De entre todas as postais escolleremos dúas, asique animámosvos a todos a participar  e deixade a vosa imaxinación voar!!



jueves, 25 de noviembre de 2021

BAILANDO POLA IGUALDADE

 Hoxe 25 de novembro conmemoramos o  DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Seguindo os contos que nos recomenda Miroleo dende a biblioteca, ao longo da semana foron varias as actividades. Unha delas, foi en Ed. Infantil onde os cativos e cativas traballaron sobre o conto: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa?

 

 


Ademais, hoxe no colexio coa colaboración de Gustavo, Teo, Emilio e Anxo da Asociación San Campio de Sarandón tivo lugar un obradoiro de música e baile tradicional.

Aprendemos sobre o baile tradicional, o picado e cómo facer unha roda seguindo o ritmo da muiñeira


 





E coas explicacións de Emilio e de Anxo coñecimos instrumentos como a requinta, a gaita, o acordeón e o tambor






lunes, 22 de noviembre de 2021

Parellas de lecturas

 A lectura é un dos aspectos máis importantes no proceso de aprendizaxe, e por iso hoxe o alumnado de 3º realizou unha estratexia de parellas compartidas cos cativos e cativas do colexio.

Os alumnos e alumnas de 3º, previamente escolleron e traballaron  un conto para contarlles aos pequechiños co cole. Durante o momento lector creouse un clima maravilloso onde o benestar de todos os nenos e nenas foi palpable, favorecendo así unha maior interacción social entre eles así como a mellorar habilidades lingüísticas.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades que momento máis fermoso!😍

 











lunes, 15 de noviembre de 2021

XOGADE 2021

A semana pasada o noso alumnado participou no PROGRAMA ESCOLAR XOGADE da ecretaría Xeral para o Deporte. Despois deste paréntesis, a competición escolar zonal de campo a través volveu a Estrada, con máis de 700 estudantes dos colexios da contorna: Figueiroa, Lourdes, O Foxo, Pérez Viondi, Oca, Cabada Vázquez, Villar Paramá, CPI Aurelio Marcelino de Cuntis e o IES García Barros.

O formato cambiou para adaptarse á pandemia, polo que o alumnado correu co seu grupo aula. Os benxamíns correron 500 metros, os alevíns 1.000 metros, os infantís 1.500 metros e os cadetes 2.000 metros.

Estes foron os resultados:

 









 

jueves, 4 de noviembre de 2021

CORRELINGUA 2021

 Onte celebrouse unha nova edición do CORRELINGUA, retransmitiuse en director dende  o Teatro Principal.

O evento estivo presentado por Fran Rei e a actuación estivo a cargo do Grupo "Musica Miúda" 

 


Para saber máis 👉 https://correlingua.gal/