cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto ilumínate coa lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto ilumínate coa lectura. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de junio de 2015

FIN DE PROXECTO. PRESENTACIÓN Á COMUNIDADE

O DÍA 18 PRESENTAMOS Á COMUNIDADE EDUCATIVA TODO O TRABALLADO ATA O MOMENTO SOBRE OS PROXECTO!!! AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS DAS EXPOSICIÓNS!!!

viernes, 22 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 2015









Adiantádonos ao 17 de maio, celebramos este venres o DÍAS DAS LETRAS GALEGAS na Biblioteca do cole.
Os nenos e nenas de Educación Infnatil recitaron as poesías que escribiron dentro do seu proxecto de poesía.... sen dúbida que aquí sairá algún poeta ou poetisa!

Os nenos e nenas de 1º e 2º curso representaron unha dramatización sobre o libro " O valente coello que quixo soñar".

Os nenos e nenas de 3º e 4º recitaron unhas coplas sobre a vida e obra de Filqueira Valverde e cantaron unha canción.

Os nenos de 5º e 6º agallasáronnos cunha muiñeira!!!


lunes, 27 de abril de 2015

ANIMACIÓN Á LECTURA

O día do libro tivemos unha sesión de ANIMACIÓN Á LECTURA con Lola, libreira de AENEA, que nos fixo viaxar cos seus libros á SELVA, á ANTÁRTIDA ... e a moitos lugares máis!!!

MOITAS GRAZAS LOLA POR COMPARTIR CON NÓS A MAXIA DOS TEUS LIBROS!!!





MERCADO DE LIBROS 2015

Outro ano máis, coa axuda das colaboradoras poñemos en marcha o nosos particular mercado de libros ... e como sempre ... FOI TODO UN ÉXITO!!!






CONFERENCIA SOBRE ENERXÍA HIDROELÉCTRICA

Na semana dos libros, EVA, a mamá de Xavi, deunos unha conferencia sobre a enerxía hidroelétrica. 
Estivo moi interesante e aprendimos moito!!!
Ademais elaborou un PPT no que puidemos ver fotos de distintas centrais.
MOITAS GRAZAS, EVA!!!!





martes, 21 de abril de 2015

ABRIL MES DOS LIBROS

CELEBRAMOS A CHEGADA DO MES DE ABRIL CON DISTINTAS ACTIVIDADES EN RELACIÓN Á SEMANA DO LIBRO:

21-23: MERCADO DE LIBROS NA ENTRADA DO COLEXIO

22: CONFERENCIA NA BIBLIOTECA SOBRE ENERXÍA HIDROELÉCTRICA

23: CONTACONTOS 

miércoles, 25 de marzo de 2015

CONFERENCIA SOBRE A ENERXÍA EÓLICA E SOLAR

Ola a todos e a todas!!

O xoves pasado tivemos na nosa biblioteca a MARCOS un técnico de palas (que tamén traballou con placas solares) que nos contou un montón de cousas sobre o seu traballo, sobre a enerxía, sobre o funcionamento dos muíños ... aprendimos moitíiiiiiismo con el!!!

MOITAS GRAZAS MARCOS 
POR COMPARTIR CON NÓS
 TODAS AS TÚAS EXPERIENCIAS!!!







lunes, 9 de febrero de 2015

PRESENTACIÓN DO PROXECTO

Aínda que xa levamos dende principios de curso traballando nos proxectos "Ilumínate coa lectura" e "Dálle enerxía á túa lingua", quixemos facer durante o mes de xaneiro unha PRESENTACIÓN OFICIAL, para iso reunímonos na biblioteca do cole e falamos de todo o que imos facer en relacion ao proxecto!!!




E AQUÍ DEIXAMOS UNHAS PÁXINAS DE INTERESE SOBRE O TEMA QUE SERÁN MOI ÚTIL PARA FACER INVESTIGACIÓNS!!!

SOBRE OS TIPOS DE ENERXÍAS

https://luisamariaarias.wordpress.com/category/0-1-conecemento-do-medio/0-4-energia/4-2-fuentes-de-energia/

http://www.ambientech.org/spa

http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/cono6/energia/energia1.htm

lunes, 2 de febrero de 2015

PAZ 2015

UN NOVO MES DE XANEIRO E UNHA NOVA OPORTUNIDADE PARA LEMBRAR A IMPORTANCIA DA PAZ NO MUNDO E UN BO MOMENTO PARA CONCIENCIARSE DE QUE CADA UN DE NÓS PODE FACER ALGO PARA CONSEGUILA.

ELABORAMOS MENSAXES DE PAZ E DE LUZ QUE COLGAMOS NUNHA BOMBILLA XIGANTE NA ENTRADA DO COLE ... E DECORAMOS O RESTO DA ENTRADA CON BOMBILLAS MÁIS PEQUENAS.




DESPOIS CANTAMOS DÚAS CANCIÓNS "LLUVIA DE AMOR" E "LIGHT A CANDLE FOR PEACE " (UNHA PARTE EN INGLÉS E OUTRA EN GALEGO) E COMO DI ESTA ÚLTIMA CANCIÓN, NÓS TAMEN ACENDEMOS UNHA LUZ POLA PAZ E CADA UN TROUXO UNHA LANTERNA PARA CANTAR ESTA CANCIÓN E LEMBRAR QUE SON OS PEQUENOS XESTOS DO DÍA A DÍA OS QUE CREAN A PAZ!!!












viernes, 30 de enero de 2015

NADAL 2014

Cun pouco de retraso ...  xa temos aquí a recompilación de fotos sobre o Nadal.
Espero que vos guste!!!!








miércoles, 7 de enero de 2015

GUÍA COAS RECOMENDACIÓN LECTORAS

Aquí tedes, como todos os anos as RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL, como ven sendo costume nesta época, elaboramos un "minilibro " de consellos sobre a lectura.
Como o 2015 será o ano da LUZ ... e o tema do noso proxecto ... pois nada mellor que unha ideas a modo de bombilla para ILUMINAR AS VOSAS LECTURAS!!! QUE VOS PARECE???'

APROVEITAMOS TAMÉN PARA DESEXARVOS UNHAS FESTAS ... CHEAS DE LUZ!!!!!



domingo, 28 de diciembre de 2014

SAÍDA AO TEATRO

Ciclo 'Otoño en el Principal 2014': 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas'

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL ASISTIRON Á OBRA "AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS" QUE SE REPRESENTOU DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE DECEMBRO NO TEATRO PRINCIPAL


jueves, 27 de noviembre de 2014

CAIXA DA LUZ

OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DA PROFE MARIELA XA TEÑEN NA SÚA AULA A CAIXA DE LUZ!!!!!!

É moi divertida porque pechan as persianas  e acenden unha caixa que lles permite desenvolver a súa creatividade, traballar a lóxica-matemática e a lectoescritura.

Teñen unha grande variedade de materiais como plumas, pedras de cores, números e letras de xel, cordóns, vasiños, globos, papeis transparentes, palliñas  e moitos máis.

Con ela fan seriacións, clasificacións, correspondencias,  traballan os números, as letras, compoñen palabras, e fan as súas propias creacións artísticas.







jueves, 20 de noviembre de 2014

SAÍDA Á CORUÑA

NO MES DE NOVEMBRO, O MES DA CIENCIA EN GALEGO ... FOMOS DE EXCURSIÓN Á CIDADE DE A CORUÑA PARA VISITAR A CASA DAS CIENCIAS, VER A TORRE DE HÉRCULES E VISITAR TAMÉN O ACUARIO!!!

AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS !!!!





A CORUÑA

martes, 18 de noviembre de 2014

NOVIDADES LECTORAS PARA NOVEMBRO

AQUÍ TEDES OS NOVOS TÍTULOS QUE ACABAN DE CHEGAR Á NOSA BIBLIOTECA.
DÉIXATE ILUMINAR CON NOVAS AVENTURAS E MISTERIOS. VEÑA, A QUE ESTÁS AGARDANDO? A POR ELES!!!!




martes, 11 de noviembre de 2014

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove durante todo novembro unha completa programación de actividades de divulgación científica en galego para convidar a cidadanía a festexar o Mes da Ciencia en Galego. Con motivo desta celebración, a Consellería tamén difundirá a través da rede o texto que o científico Ángel Carracedo creou para a ocasión.

A asesoría de Bibliotecas escolares ven de facer unha recompilación de material con

Dende a Biblioteca das palabras máxicas achegaremos o noso gran de area a este mes a través das seguintes actividades:

* EXPOSICIÓN DE FONDO BIBLIOGRÁFICO RELACIONADO COA CIENCIA

* VISITA AO MUSEO DAS CIENCIAS E ACUARIO EN A CORUÑA

* INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA SOBRE TEMAS DE CIENCIAS




viernes, 24 de octubre de 2014

24 de outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Xa nos atopamos QUENTANDO MOTORES na nosa biblioteca e botando a andar, un ano máis, con moita ilusión un proxecto novo " ILUMÍNATE COA LECTURA" que xira en torno á luz e á enerxía por ser o ano 2015 o "ano internacional da luz e das tecnoloxías baseadas na luz".

Pouco a pouco imos "iluminando" a entrada da nosa biblioteca e hoxe, 24 de outubro, fixemos un acto de inauguración onde cada curso fixo a súa achega persoal.

Aquí podedes ver fotos de todo!!!!





24 DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES