cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de noviembre de 2026

SAMAÍN

Estas semanas desfrutamos da celebración do Samaín no centro. Realizamos multitude de actividades, amosámosvos:

Por unha banda, como xa é tradición, houbo exposición de cabazas e produtos de outono. Os cativos/as coa colaboración das familias, botaron man da imaxinación e crearon obras divertidísimas a vez que terroríficas. 

Aquí vos deixamos unha mostra da terrorífica exposición, e dende aquí agradecer a todas as familias e alumnado por todas manualidades.VAIA ARTISTAS!!!

E mirade como temos os corredores do  centro... 















 

 Tamén realizamos intercambio de postais con outros centros Plambe da contorna. Mirade como foi o proceso de creación no noso colexio e os desexos que nos enviaron dende os outros!




 

 Se queredes ver mais fotos da nosa festa de Samaín e Magosto, podedes aceder ao seguinte enlace https://centros.edu.xunta.gal/ceipoca/galeria/thumbnails.php?album=64

MIROLEO RECOMENDA

  O noso mural expositor está cheo de recomendacións lectoras relacionadas coa temática de Samaín. 

Achegádevos a velas!


 


miércoles, 30 de octubre de 2024

MAGOSTO E SAMAÍN

 Prezadas familias, estes días tivemos no colexio a gran exposición de manualidades de outono.Agradecer as familias o seu esfrozo e creatividade.

A Anpa entregou a todos os participantes nesta actividade un pequeno agasallo







Hoxe festexamos o magosto e o Samaín e visitáronnos os bolechas,

 










 

Logo tivemos a representación dunha obra de teatro escrita  polo alumnado de 5º e 6º de Educación primaria

 







 

 e tamén un pequeno concerto dalgúns dos integrantes do grupo de acordeóns   Os Lóstregos da Estrada.

 



Tamén nos visitou Amalia Goldar concelleira de educación do Concello da Estrada e Gonzalo Louzao, alcalde da Estrada.

E por último a degustación de castañas e chocolate con churros








 Ao longo desta semana, tamén realizamos o intercambio de postais de Samaín cos centros da Estrada