cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 28 de marzo de 2022

I CONCURSO DE CERTAME FOTOGRÁFICO DE TEMÁTICA MEDIOAMBIENTAL

Dentro do proxecto de Voz Natura  vaise a realizar o I Certame Fotográfico de Temática Medioambiental.

Este concurso faise co fin de que o alumnado reflexione sobre a importancia das  paisaxes naturais e o seu coidado, desenvolvendo así unha correcta conciencia medioambiental.
Para a realización de dito concurso, os alumnos- as,  deben sacarlle unha foto a unha paisaxe natural que lle guste. 

Unha vez feita a fotografía, coa vosa axuda, podedes enviala ao correo do colexio:      ceip.oca@edu.xunta.es . 

Imprimrémolas e faremos unha exposición  para que todos poidamos coñecer novas paraxes🍀🌿🌾🌽🌼🌻🌺


No correo, acompañando a foto , debe asignarse o nome e apelidos do alumno/a  e o lugar onde se realizou dita fotografía.
Poden participar ata o 20 de abril, xa que o 22 de abril farase a entrega dos premios. Serán tres as fotografías premiadas.

¡Animámosvos a participar!





viernes, 25 de marzo de 2022

Día da poesía

 Co gallo do Día da poesía o 21 de Marzo, actualizamos o recanto de Miroleo recomenda:




 

 Os nenos e nenas de Educación Infantil ilustraron a poesía  "Pinto o mundo de cores" extraída do libro "Poemas con piruleta" de Carlos Fontes e ilustracións de Leandro Lamas



miércoles, 9 de marzo de 2022

Día da muller

 Xa comenzamos na nosa biblioteca, coas recomendacións lectoras para este mes.




 

Ao longo do día 8 de marzo,  realizamos diferentes actividades.

A elaboración dun mural conmemorativo


 

En Ed Infantil traballaron as profesións e tamén coñeceron a María Montessori a través desta biografía que foron buscar ao recanto das recomendacións de Miroleo.

 



En 1º e 2º aproveitaron que estiveron traballando a Semana da Prensa, para observar  cantas noticias na sección de deportes estaban adicadas a mulleres.



Tamén elaboraron unha gaceta con noticias divertidas do colexio.