cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 28 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014

VAIA TARDE A DE ONTE!!!
COMO O NOSO PROXECTO DESTE ANO É SOBRE A "AGRICULTURA FAMILIAR" O COLE ENCHEUSE DE CABAZAS, FROITAS, VERDURAS, ESPANTALLOS, AGRICULTORES E MOITO MÁIS!!!  FOI MOI DIVERTIDO E PASÁMOLO XENIAL.

OS NENOS/AS DE INFANTIL CANTAN E BAILAN "CORRE CORRE CABACIÑA"



PRIMEIRO CICLO CANTAN E BAILAN "TOMA MOITA FROITA"



SEGUNDO CICLO  REPRESENTAN O TEATRO MUSICAL "A MAXIA DAS VERDURAS"

TERCEIRO CICLO BAILAN "SUBE LA MANO PA`ARRIBA" E "VIVIR MI VIDA"



UN GRUPO DE NENOS E NENAS DE DIFERENTES CURSOS REPRESENTAN A OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "THE VERY HUNGRY CATERPILLAR"



UNHA COMPARSA DE NAIS MOI ANIMADAS SON: GALOS E GALIÑAS


E ESTES FORON OS NOSOS PRESENTADORES







  

SAÍMOS NO FARO DE VIGO:  http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/02/28/carnaval-arranca-traje-xeneral-estrada/975936.html


E EN CATROGATOS: http://www.catrogatos.com/2014/03/entroido-no-ceip-de-oca/

martes, 25 de febrero de 2014

RECITANDO A ROSALÍA NO TEATRO

O día 25 de febreiro ... MANUEL E DANIEL (4º CURSO) REPRESENTARON AO NOSO COLE NA HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO QUE SE CELEBROU NO TEATRO PRINCIPAL DE A ESTRADA.

 NORABOA RAPACES 
POLO BEN QUE RECITASTES O POEMA!!!!!








DEPOIS TIVEMOS OCASIÓN DE ESCOITAR OS VERSOS DE
 ROSALÍA MUSICADOS POR "A CADA CANTO".



http://www.edu.xunta.es/web/node/11821

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/02/26/grupo-musical-acada-canto-recuerda/974448.html



http://www.catrogatos.com/2014/02/a-estrada-lembra-a-rosalia/


lunes, 24 de febrero de 2014

24 - F O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe queremos lembrar no seu día a grande ROSALÍA DE CASTRO, unha das nosas grandes escritoras!!!!!

Este é un bo momento para visitara biblioteca e mergullarse entre os seus poemas ...




Recomendamos este libro  + CD que tedes na biblioteca!!!!!


















E mañá ... o noso cole estará moi ben representado na homenaxe a Rosalía que se organiza dende o Concello de A Estrada.
Manuel e Daniel (4º EP) recitarán os seus versos.



(SE FAS CLIC NA IMAXE, PODERÁS VER MÁIS DETALLES SOBRE ESTE ACTO).


 MOITA SORTE RAPACES!!!!



UNHA CENORIA NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de Infantil tiveron unha sorpresa na biblioteca.

Foron a escoitar unha historia ben peculiar ... contada pola súa protagonista ... unha cenoria!!! SI, SI, É VERDADE!!! Aquí tedes as fotos!!!!







MOITÍSIMAS GRAZAS ANDREA POLA TÚA COLABORACIÓN!!!!!!






martes, 11 de febrero de 2014

NOVIDADES FEBREIRO

Chega un novo mes e coma sempre chegan novos títulos á biblioteca. Desta vez temos un pouco de todo: poesía, teatro, narrativa ...

Pasa pola biblioteca e goza cos novos libros!!! 
Están agardando por ti!!!





jueves, 6 de febrero de 2014

A RECEITA ...A SETA QUE ALIMENTA

E tanto investigar, investigar os nenos e nenas de Educación Infantil que lles debeu entrar a fame. E con todo o que investguiran: chícharos, tomates e patacas ... fixeron unha receta de cociña: A SETA QUE ALIMENTA!!! Que boa pinta!!!!! Ñam, ñam, ñam













... E se alguén máis se anima a cociñar ... xa sabedes, na BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS temos varios libros novos que vos axudarán.

Aquí tedes algúns:

     

E PARA LER E DIVERTIRSE ...



A PATACA

Os nosos pequenos e pequenas siguen investigando os produtos da horta. Nesta ocasión tocoulle á PATACA .

Comezaron lendo este conto dos BOLECHAS









E despois puxéronse a investigar.








martes, 4 de febrero de 2014

" I Concurso de microrrelatos e micropoemas Centros da Estrada"

O Equipo de Dinamización da lingua do CEIP de Oca, convoca o "I Concurso de microrrelatos e micropoemas Centros da Estrada". Organizado polos centros educativos do concello.

BASES:

- Sección de MICRORRELATOS: O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras. 

- Sección de MICROPOEMAS: O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria.

- Poderase participar nunha Sección ou nas dúas, pero cada participante só poderá enviar un texto por sección.
- A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra ... soño

- Os traballos poderán entregarse en formato A4 con nome, apelidos e curso nos respectivos centros educativos.

- O prazo límite para enviar os textos será o 9 de abril.

CATEGORÍAS: 

A: Educación Primaria
  • A1: 1º CICLO
  • A2: 2º CICLO
  • A3: 3º CICLO
B: Educación Secundaria

C: Bacharelato

PREMIOS:

Un xurado formado por un membro dos ENDL dos diferentes centros, concedrá un premio por categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a calidade lingüística e literaria.

Os traballos preimados aparecerán nas páxinas webs e blogues dos centros e nas revistas escolares.