cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 24 de abril de 2024

NOVEDADES BIBLIOTECA

Aproveitando que onte foi o DÍA DO LIBRO 📚, aquí vos deixamos as novidades plurilingües que  van chegando  a nosa biblioteca, que  de seguro  o alumnado as disfrutarán moitísimo!

 





 


DÍA DO LIBRO

 Onte con motivo da celebración do DÍA DO LIBRO, recibimos a visita de ROSALÍA MORLÁN .


 

Rosalía vén de escribir un libro titulado "Cando o avó esqueceu o meu nome". Explicounos que para escribir, as primeiras letras que aprendemos cando somos cativiños son as vogais, e fíxonos esta poesía tan fermosa 

https://drive.google.com/file/d/1-M7NUOwdVfI8J6ed-2IKQ-zsuGmoPjcJ/view?usp=sharing


Tamén nos presentou ó  monstruo do alzheimer, e as armas que temos para combatilo



 










 
E xa por último agasallounos con esta fermosa poesía que quedará  exposta na nosa biblioteca.
 
Grazas Rosalía pola túa visita e pola túa sensibilidade que tanto nos emocionou !



 




domingo, 7 de abril de 2024

PARTICIPAMOS NA PRESENTACIÓN DO LIBRO "NO BICO DO VENTO" DA ESCRITORA CHARO GOLMAR

O pasado xoves, dúas alumnas do centro, Silvia e Iria, acudiron á presentación do libro da escritora lalinense Charo Golmar, titulado No bico do vento. Xunto con alumnos e alumnas doutros colexios da Estrada, recitaron algún dos poemas recollidos neste novo libro da poetisa. 

A través destas actividades, participamos activamente e de xeito directo, na vida cultural do noso concello. 


VISITA Ó PAZO DE OCA

Para concluír o segundo trimestre realizamos unha saída ó Pazo de Oca. Aproveitando o bo tempo, fixemos unha andaina ata o pazo, para visitar tanto o edificio, como os seus impresionantes xardíns. 

Para rematar a visitar, os nenos e nenas participaron nun divertido xogo que consistía na pescuda de ovos de Pascua.

A continuación, amosamos algunhas das fotografías desta entretida xornada. 

 


                                                     
 

                                           











miércoles, 3 de abril de 2024

LET'S GO SHOPPING!

Os alumnos e alumnas de sexto puxeron en práctica, a través destes role playing, todo o aprendido en inglés durante a unidade Let's go shopping. 

Animámosvos a ver estas divertidas representacións!









miércoles, 20 de marzo de 2024

RECIBIMOS A VISITA DE SUSA HERRERA

Durante a xornada de hoxe recibimos a visita de Susa Herrena. Esta recoñecida autora visitou o noso centro co propósito de presentarnos a súa obra En Cabárceno rugidos y canciones.  A través das cancións recollidas neste libro, das que todo o alumnado participou, bailando e cantando, fixo un percorrido polos diferentes sons e fauna dos cinco continentes.

Encantounos a visita!


ENTREGA DE DIPLOMAS AOS GAÑADORES DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

O pasado venres entregamos os diplomas aos gañadores do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas organizado por Dinamizaestrada. Estes textos serán recollidos nuns exemplares que pronto sairán á luz!

Dende a biblioteca queremos dar a noraboa a todos os participantes!

miércoles, 13 de marzo de 2024

8 M: Día Internacional da Muller

O pasado 8 de marzo, celebrouse o Día Internacional da Muller. Para celebrar dita conmemoración, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, fixeron varias exposicións nas que presentaron a mulleres referentes en distintos ámbitos como Isabel Zendal, Concepción Arenal, Margarita Salas ou Rita Levi, entre outras. 

A partir destas presentacións todo o alumnado puido coñecer os logros destas grandes profesionais. 




 A maiores e durante todo o mes de marzo, no recuncho de Miroleo Recomenda, atoparedes exemplares con biografías de mulleres que cambiaron a historia. Achegádevos a lelos!

jueves, 29 de febrero de 2024

DÍA DE ROSALÍA

Como ben sabedes, o pasado venres,  23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro,  realizáronse varias actividades.

Por unha parte, dous alumnos de quinto, Saleta e Mario, acudiron ao Teatro da Estrada para participar no recitado de poemas de Rosalía, xunto con estudantes doutros centros do concello. O poema elixido polo noso alumnado, nesta ocasión,  foi Campanas de Bastabales.


Ademais, durante o acto presentouse o vídeo Un pelouro que roda. Videoclip gravado e musicado por A Banda da Loba, do que o noso alumnado tamén é protagonista. Animámosvos a velo!


Seguindo con actividades adicadas a esta conmemoración. Durante a xornada de onte, os alumnos e alumnas de cuarto fixeron unha presentación sobre a escritora, achegando datos sobre a vida e obra desta importatísima poetisa.



Finalmente e para concluír, aproveitamos a xuntanza para repartir as mochilas viaxeiras, cargadas de xogos e lecturas, para que tanto nenos como familias, desfruten da lectura dende os fogares.

jueves, 22 de febrero de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Co motivo do Día Internacional da Muller e a  Nena na Ciencia recibimos na nosa biblioteca a Dilia Martínez. Trátase dunha médico de emerxencias que acudiu ao noso centro para contarnos en que consiste o seu incrible traballo, posto que non se trata dunha sanitaria común.  A nosa convidada viaxa por todo o mundo exercendo a súa profesión, Mozambique ou A Antártida, son só dous exemplos da multitude de lugares que coñeceu grazas ao seu traballo. Estes viaxes permitíronlle coñecer a fauna de cada país, sendo este un dos aspectos que máis chamou a atención do noso alumnado.

Encantounos coñecer a súa motivadora historia!




jueves, 15 de febrero de 2024

CELEBRAMOS O ENTROIDO

Chegou Febreiro e con el o esperado Entroido!E que mellor maneira de festexalo que disfrazándonos tódolos días?

A comezos de semana, foi o Meco o encargado de dar ordes relacionadas co proxecto do cole, “A volta ao mundo”, dando as indicacións dos complementos  que deberíamos traer de luns a mércores.

O xoves, e tamén relacionado co proxecto, en concreto, ca temática mariña, os diferentes cursos, amosamos as orixinais vestimentas que se foran creando en cada aula ó longo deste mes. Así, os máis cativos de Infantil vestíronse de mariñeiros, 1º e 2º de gondoleiros, 3º e 4º foron de piratas, mentres 5º se disfrazou de viquingos e , por último, os alumnos e alumnas de 6º convertéronse nos reis do mar, sereas, cangrexos e cigalas.








Todo isto, acompañado da divertida actuación do músico Paco Nogueiras.



Para rematar, degustamos as diferentes sobremesas  preparadas polas familias. Estaba todo delicioso!