Hoxe os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo comezaron unha actividade que durará tres días. Practicarán na "wave" (táboa de street surfing) para conseguir manterse en pé. Mirade as primeiras probas!!
Co gallo da celebración das LETRAS GALEGAS, organizouse un concurso literario sobre o pazo de Oca que é o proxecto de NORMALIZACIÓN.
Xuntámonos no andar de arriba para explicar as normas do concurso e a continuación, cada grupo acudiu á súa aula para comezar as súas producións narrativas, poéticas ... o que a imaxínación lles trouxese!!!
O día 26 de abril viaxamos a Santiago para visitar a EXPOSICIÓN DE RUTH MATILDA ANDERSON(FUNDACIÓN CAIXA GALICIA) o MUSEO GRANELL e a BIBLIOTECA ANXEL CASAL.
Non esqueceremos as caras dos nosos rapaces cando viron tantos contos,revistas, cds, dvds ...
Aquí podedes ver os nenos/as gozando cun bo libro na zona infantil