cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 22 de diciembre de 2020

Felicitación

 

 Estimadas familias, que teñades un BO NADAL, un moi bo comezo do 2021 e sobre todo moita saúde!

  TODO  VAI SAÍR BEN


 

III CONCURSO POSTAIS DE NADAL. RECOMENDACIÓNS LECTURAS DE NADAL.

 Outro ano mais, convocamos ao alumnado para o III Concurso de postais de nadal.

Este ano ao igual que os anos anteriores foi todo un éxito, mirade que postais tan fermosas!

O equipo de biblioteca, xunto co Equipo de Normalización, tívoo moi difícil, á hora de elixir dúas postais.

Finalmente as postais gañadoras foron:

- A postal de Anxo Couto Pazos, para felicitar á Comunidade Educativa


- A postal de Mara Couto Caramés, para as recomendacións lectoras.


Moitísimas grazas a todas as familias que colaborastes na elaboracións destas postais tan fermosas!


jueves, 17 de diciembre de 2020

VII FESTA DAS PALABRAS 2020

O pasado martes entregáronse no teatro principal da Estrada. os premios aos gañadores do VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS.

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros docentes da Estrada, entregaron os premios nun acto no que só puideron asistir un alumno/gañador xunto con un docente. Todas as creacións quedarán inmortalizadas nun libro punlicado cunha fermosa portada da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. 




jueves, 3 de diciembre de 2020

NO MES DE DECEMBRO MIROLEO RECOMENDA....CONTOS CLÁSICOS

 Xa temos o recanto actualizado sobre as recomendacións de Miroleo.

Este mes recoméndanos os contos clásicos





Deixámosvos un enlace de audio contos en galego audiocontos

miércoles, 25 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

  Dende o Ceip Plurilingüe de Oca, sumámonos á erradicación da violencia de xénero, onde non podemos dar ningún paso atrás e seguir traballando para previr a violencia e promover a igualdade.

O alumnado do centro, ao longo da semana leva traballando e indagando sobre este tema.

O alumnado de Infantil elaboraron unhas mans que son as mans das caricias, onde no reverso se pode ver un puño que serve para saludar pero non para pegar. Ademais estiveron traballando  sobre as cousas que podemos facer coas nosas mans. 






 

Os alumnos de 1º de Educación Primaria, elaboraron un mural e ademais fixeron estes debuxos que tan ben ilustran esta loita. Ademais traballaron sobre o conto de Artur e Clementina






Ademáis deixámonos a declaración institucional da Secretaría Xeral de Igualdade declaración






UN ANO MAIS...NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!

 

CORRELINGUA 2020

 Este ano a participación no Correlingua por mor do COVID  tivo que ser telemática, pero non por iso menos divertida.
 
Dende o Teatro Principal da Estrada retransmiteuse vía Streaming para todos os centros participantes, de tal xeito que o alumnado puido seguir a lectura do manifesto e o concerto dende as aulas.

Ás 12:00 foi a presentación e lectura do Manifesto a cargo de Pavís Pavós. 
Ás 12:15 Actuación de Cuarta Xusta. 
Ás 12:55 Entrega de agasallos e despedida 
 13:00 Remate da emisión
 
Aquí vos amosamos unhas fotos dos alumnos de 5º e 6º desfrutando da actuación.

 





jueves, 5 de noviembre de 2020

ESTE MES, MIROLEO RECOMENDA...LECTURAS CIENTÍFICAS

MES DE NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO.

O recuncho de Miroleo recoméndanos xa está actualizado coas seguintes lecturas/experimentos:


Tamén queremos compartir con vós información sobre 21 mulleres científicas que deberiamos coñecer:

https://www.gciencia.com/8m/21-cientificas-galegas-que-tes-que-conecer/

viernes, 30 de octubre de 2020

SAMAÍN

 Queridas familias,bibliotecas da contorna e centros de Dinamización da Lingua Galega... desexámosvos un BOOO SAMAÍN !!!!


    Queremos agradecer aos alumnos/as do Ceip Pérez Viondi (A Estrada) e ao Ceip Villar Paramá de Vea  tamén nos fixeron chegar as súas postais terroríficas

https://www.canva.com/design/DAELI2sengk/sR7d54LSqhY1y3iaPlpwwg/view?utm_content=DAELI2sengk&utm_campaign=designshare&utm_medium=link&utm_source=publishsharelink

 

 



sábado, 24 de octubre de 2020

24 DE OUTUBRO,DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Estimadas familias, dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas Escolares o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación  de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.

O lema deste ano  "Bibliotecas, sempre ao teu carón'  trata de destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia." Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.  

 

A biblioteca das palabras máxicas por onde pasan nenos, nenas, mestres e  familias, celebra hoxe o seu día. Ao longo de toda a semana iremos amosando actividades que faremos en torno a esta celebración.




 

jueves, 22 de octubre de 2020

ESTE MES MIROLEO RECOMENDA...LECTURAS TERRORÍFICAS!

 O Equipo de Biblioteca estivo facendo unha selección de contos terroríficos  e actualizando a sección : "ESTE MES MIROLEO RECOMENDA"



lunes, 19 de octubre de 2020

DÍA DAS ESCRITORAS 2020

Hoxe  celebramos o "DÍA DAS ESCRITORAS" e reinvindicamos o labor e o legado das escritoras a través da historia. 

Este ano 2020, a celebración conmemórase o 19 de outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres".

Desde a Biblioteca das Palabras Máxicas queremos contribuir a que se visibilice a obra de diversas escritoras galegas.
 Así, queremos compartir convosco as actividades realizadas no colexio polo alumnado: lendo fragmentos, , memorizando poesías, creando portadas, debuxos, investigando e explorando biografías... 
Un exemplo destas actividades foron as realizadas polo alumnado de Infantil, que traballaron sobre a escritora e muller pioneira que están a investigar ROSALÍA MORLÁN e memorizaron a canción CONTANDO ATA DEZ do libro "Canta a lúa coas estrelas"

 



viernes, 2 de octubre de 2020

XA ESTAMOS EN MARCHA!

 

 

Ola a todos e a todas!

Benvidos a un novo curso!!Aínda que este ano temos moitas normas para acceder á nosa biblioteca das palabras máxicas , o equipo non para! 

Dende o comezo de curso estivemos a preparar todas as novidades, a preparar os materiais para que tiveran os nosos nenos/as nas súas aulas   e crear nelas bibliotecas distribuidas e gozar da lectura a pesar da situación, creamos carnés para os novos e novas usuarios e usuarias e elaboramos o noso protocolo. 

Aquí o tedes  



 E RECORDADE...


 

  • Para o empréstito na bilioteca, tamén podes reservar o exemplar que se desexa a través do enderezo electrónico bibliotecaoca@gmail.com  e buscando o que che interesa no noso catálogo OPAC MEIGA

martes, 16 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán que realizamos conxuntamente entre os centros da contorna.
Bo verán e felices lecturas!


lunes, 1 de junio de 2020

Presentación Auxiliar Patri e profe Marcos

Aquí vos deixamos outra das presentacións que  fan os auxiliares co profe Marcos.
Desde a Biblioteca das Palabras Máxicas queremos darlle as gracias á nosa auxiliar Patricia  polo seu traballo, apoio e colaboración neste curso 2019/2020.
Queremos decirvos tamén que para Patri foi un placer traballar convosco e dávos as gracias por acollela con tanto afecto e agarimo; que foi moi feliz e disfrutou moito en Oca; quen non olvidará os grandes momentos de alegría e que vos manda un abrazo a todos e a cada un de vos.
Ata sempre Patri!

domingo, 17 de mayo de 2020

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS






    No día que festexamos as LETRAS GALEGAS, quixemos facerlle a nosa pequena homenaxe a RICARDO CARVALHO CALERO, pero sen esquecer os nosos nenos e nenas de Oca.
    Este vídeo é por e para vós, con todo o noso agarimo!!
   Grazas a todas as familias, a pesares deste momento que vivimos, conseguirémolo todos xuntos!



PREMIADOS DO VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS DOS CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA. DINAMIZAESTRADA.


                No día das LETRAS GALEGAS, queremos anunciarvos os gañadores e gañadoras do VII CONCURSO DE MICROPOEMAS E MICRORRELATOS.
        O xurado destaca a calidade dos traballos finalistas, en todas as categorías e modalidades , facendo NON pouco doada a escolla dos traballos premiados.
            O xurado, os Equipos de Dinamización Lingüística e os Centros    Educativos convocantes comprométense á publicación dun libro que recollerá os traballos gañadores e á entrega de premios nunha data por determinar. Para esta iniciativa contará co apoio e colaboración do Concello da Estrada.

  O xurado, por último, acorda outorgar os seguintes premios :

 

Premiados micropoemas
Non chores meniño!
Choraba un neno,
chora chora sen parar.
Pois no seu cabelo, íanlle cortar.
Non chores meniño
que logo ha de vir outro en camiño.
Mario Moimenta  Brey.  1º E.P




Fabiola camiñou á casa,
co seu cabelo ao vento
e con vestido de gasa

Fabiola Valiña Sainz.  4º E.P



O lobo Raúl
ten unha boneca
de cabelo azul
trenzas e pecas.

Cando sae a lúa
Oubea mainiño
e pona a durmir
contando un contiño.

Alba Moimenta Brey   5º E.P







Premiados microrrelatos.

Os amigos nunha illa.

Érase unha vez un home que vivía nunha illa no medio do océano, ata que un día chegou outro home perdido no seu barco escangallado pola tormenta. Todos os que chegaban a aquela illa non daban saído de alí, mais un home fíxose un amigo do outro e comezaron a arranxar o barco con cachos de palmeiras. Un día de aire puxéronlle unha vela de follas e conseguiron marchar de alí os dous xuntos ata chegar a Galicia.
Aitor Gestoso Fuentes  2º E.P.
 


H2T
No espazo exterior voaba un balón…parecía un balón mais puiden comprobar co meu telescopio que se trataba dun meteorito con dirección á Terra. Os xornais puxéronse en camiño: 4.00 p.m, meteorito caído no aeroporto internacional de San Francisco; 7.00 p.m., tropas do exército teñen que controlar o nivel de radiación…Chamo ao meu amigo Xoel, non me contesta, acudo á súa casa; perigo, soidade, intranquilidade…Virus H2T controlado, o dano está feito, os zombis son indestrutibles.
Santiago Gómez Mella 4º E.P.




O día que comezou a escola, na miña parada do autobús, había un neno ao que non vira nunca pola aldea. Cando o saudei, pregunteille se ía para o a miña escola e con moita timidez contestoume que si. Este neno, que se chamaba Nair, estaba acompañado pola súa nai e contoulle á miña que viñeran emigrados doutro país porque no seu, non había calidade de vida.
A súa historia entristeceume moito, xa que, iso pódenos pasar a calquera de nós.
Pregunteille se quería sentarse comigo no autobús e así poder saber máis da súa historia. Dende ese día fun o seu mellor “AMIGO”
Pablo García Collazo 5º E.P.

Debuxos 
Amigo: Elvira Valiña Sainz, 5º Educación Infantil
 Cabelo: Adrián Cimadevila García, 6º Educación Infantil



Dende o centro queremos felicitar a todos os alumnos/as que participaron unha vez máis nesta actividade.

jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Prezadas familias, hoxe celebramos o día do libro. Os profes quixemos facervos un pequeno vídeo para darvos moitísimo ánimo e recordarvos que sodes uns CAMPEÓNS E CAMPEONAS!!!
Esperamos que vos guste!!!

miércoles, 11 de marzo de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN: LINDA Á ESPREITA E A RA RITA

Onte visitounos a familia SÁNCHEZ GÁLVEZ de 1º de primaria,  e tivemos a sorte que nos contou dous contiños ben fermosos:

Moitísimas grazas familia!


Concerto didáctico MUSIKENOS

Hoxa pola mañá tivemos un concerto didáctico a cargo de MUSIKENOS que nos ensinaron ritmos básicos como o blues, o jazz, o reggae ou o bossa nova. 


PROXECTO DE EDUCACIÓN AVÍCOLA

Dende hoxe o noso centro participa coa Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS, para  desenvolver un proxecto de educación avícola cara aos máis pequenos, consistente en diversas charlas divulgativas sobre a raza e observando na propia aula, o ciclo de incubación e de nacemento dos polos mediante a incubación dos ovos por medio dunha incubadora artificial de 20 ovos. é unha maneira de achegarlle aos rapaces as bondades do rural e en especial a avicultura artesá.

Para levar a cabo este programa teremos unha incubadora no centro, ao longo de durante 21 días. Hoxe tivemos a primeira actividade, onde un veterinario nos explicou  as características dos ovos e do mecanismo de incubación, o control de temperaturas, humidade, etc.
Posteriormente no día 19 de incubación miraremos cun ovoscopio aqueles que teñen embrión no seu interior e finalmente, no día 22 de incubación, impártese unha charla de aproximadamente 45 minutos sobre a Galiña de Mos.


lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

Hoxe con motivo da conmemoración do DÍA DA MULLER, invitamos a MILA VALIÑO, unha das mulleres pioneiras que estamos a estudar no centro.
Primeiro o alumnado de 2º leu un pequeno manifesto.
Despois Mila coñeceu ao noso alumnado, e contoulle a súa historia. É unha muller que ten moito que contarnos. Contounos cómo chegou a ser unha das primeiras mulleres en dirixir unha banda de música, ou cómo loitou para ser a primeira muller en conseguir o título Superior de música na especialidade de tuba.
Deixounos unha mensaxe moi ilustrativa para o nosos alumnos e alumnas, que loiten polo que soñen e sobre todo que todas as cousas que fagan, que as fagan sendo felices.



Moitísimas gracias Mila pola túa visita e polo teu agarimo.