cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 26 de abril de 2012

LECTURA DAS COMPOSICIÓNS CREATIVAS GAÑADORAS

Como xa sabedes, estivemos a voltas estas semanas coas nosas COMPOSICIÓNS CREATIVAS, coas 10 palabras que vos tocaron no voso sobre, tivestes que pensar un conto, un poema ou un debuxo. A verdade é que foi moi dificil escoller os/as gañadores/as. Hoxe, xoves pola tarde, xuntámonos na entrada do colexio para ver a exposición dos gañadores/as e tamén para que nos leran as súas historias.







MERCADO MEDIEVAL

Como xa sabedes, durante toda a semana do libro, temos na entrada da escola un pequeno MERCADO MEDIEVAL DE LIBROS, podedes vir a facer as vosas compras por 0,50 céntimos ou 1 euro. Ademais tamén podedes vir sacar fotos e recrear a idade medieval.












 
FOTOS MEDIEVAIS


QUEREDES ESCOITAR UN CONTO?

O PAI, A NAI E O IRMÁN DE NEREA VIÑERON ESTA SEMANA PARA CONTARNOS UN CONTO. FOI MOI DIVERTIDO!!!!!


QUEREDES ESCOITAR UN CONTO?

HOXE VEU A NAI DE NEREA E ZAIRA PARA CONTARNOS "LA BELLA DURMIENTE" ADEMAIS DE CONTARNOS O CONTO VIMOS NA PANTALLA UN VIDEO. PASÁMOLO MOI BEN!!!


miércoles, 25 de abril de 2012

PATINAXE


NORABOA AOS PATINADORES E PATINADORAS!!!

O día 21 de abril  de 2012 participaron no I Campionato de patinaxe - ACTEX, quedando clasificados en 3º lugar.



martes, 24 de abril de 2012

NOVIDADES ABRIL

* Aprende sobre a RECICLAXE cos LUNNIS


* COÑECE COMO ERA A VIDA NA ÉPOCA MEDIEVAL CON "COLÍN DE MURALLA"



* QUERES POÑER A PROBA A TÚA CAPACIDADE DE INVESTIGAR .... NESTE LIBRO HAI VARIOS ENIGMAS E TI TERÁS QUE ATOPAR A SOLUCIÓN ...



*Besos besos

Cantos tipos de bicos hai? Neste conto o descubrirás


 
* 50 sorprendentes experimentos científicos

lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

POLA MAÑÁ FOMOS Á BIBLIOTECA: PRIMEIRO ESCOITAMOS A LENDA DE SAN JORDI QUE OCEANA E NEREA FIXERON CON MARIONETAS E DESPOIS VIMOS UN VIDEO  TITULADO "A MAXIA DE OCA" CON FOTOS DO NOSO COLE.




                                                              "A MAXIA EN OCA"










Despois entregáronse os PREMIOS de COMPOSICIÓN CREATIVA

Os/as gañadores/as foron:
INFANTIL 3 ANOS: MIKEL
INFANTIL 4 ANOS: HUGO
INFANTIL 5 ANOS: JUAN
1º CURSO: ANGÉLICA
2º CURSO: ANTÍA
3º CURSO: AÍXA
4º CURSO: CARLA
5º CURSO: ANDREA
6º CURSO. ALBA











POLA TARDE FIXEMOS A ACTIVIDADE "CÓNTAME UN CONTO" ONDE CADA NENO/A TÍÑALLE QUE CONTAR UN CONTO AO NENO/A QUE LLE TOCARA DE PARELLA, AQUÍ PODEDES VER AS FOTOS!!!



"Cóntame un conto" on PhotoPeach

MELLORES LECTORES DO 2º TRIMESTRE

Aquí están, os gañadores dos diplomas AOS MELLORES LECTORES do segundo trimestre. NORABOA A TODOS E A TODAS!!!!

lunes, 16 de abril de 2012

FESTEXANDO O DÍA DO LIBRO

Como xa sabedes, queridos lectores,  o día 23 de abril os libros están de ANIVERSARIO  
para celebralo imos facer moitas actividades.


* REDACCIÓN CREATIVA:


Cada un de vos virá buscar á BIBLIOTECA un sobre coas súas 10 palabras. Con elas terá que crear o conto 
ou poema máis orixinal que se lle ocurra.








*CÓNTAME UN CONTO:


Na entrada da Biblioteca tendes as parellas que vos tocaron para contar un conto. Lembrade que os 
"contadores" teñen que vir á biblioteca para seleccionar a súa lectura e preparala con tempo para así ser 
uns bos lectores de historias.





Na porta da entrada da BIBLIOTECA tendes a lista, consultade quen é a vosa parella!!