cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación Infantil. Mostrar todas las entradas

jueves, 6 de febrero de 2025

DÍA DA CANDELORIA

Cada 2 de febreiro en Galicia dise que "casan os paxariños"


 O alumnado de Educación Infantil tamén quixeron facer os seus paxariños 🐦




Ademais no noso refraneiro popular, son numerosos os ditos e refráns que aluden á celebración da Candeloria:

Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.

Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.

O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.

Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.

lunes, 3 de febrero de 2025

PEKERECICLA

 Esta semana tivemos o primeiro dos obradoiros do Programa de Educación sobre a reducción e xestión de residuos en colaboración con CEIDA e a Deputación de Pontevedra.

Os primeiros en participar foros os cativos e cativas de Educación Infantil,da man de Rocío coñeceron a problemática dos plásticos que van ao mar, tamén aprenderon a separar o lixo nos diferentes contedores e tamén a fabricar diferentes xoguetes a partir de diferentes materiais.

 Para saber máis sobre este programa, visitade o seguinte enlace 👉Ponte a zero 






















miércoles, 26 de abril de 2023

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL

 Dentro do proxectos de insectos e bolboretas que se está a levar en Educación Infantil, hoxe os cativos e cativas de Infantil visitaron o Museo de Historia Natural.

Primeiro realizaron un obradoiro onde poideron tocar un moucho, un esquío, un teixugo e unha londra.













 E despois xa subimos a ver os animais!!













E aprendemos a diferenciar os sons que hai nas fragas










miércoles, 29 de marzo de 2023

VISITAS ESPECIAIS

Esta semana recibimos no centro ao pai dun dos nosos alumnos de Educación Infantil, Jacobo Porto. Jacobo, acudiu ao centro co fin de achegarnos un pouquiño á súa profesión, a medicina, posto que el é radiólogo.

Foron os nenos e nenas de Educación Infantil e cuarto de Primaria os destinatarios desta visita. Os máis cativos,  tiveron a oportunidade de observar os diferentes ósos, a través de distintas radiografías. Ademais,  puideron manipular algúns dos instrumentos médicos máis  usados.

Por outra banda, os maiores, fixéronlle unha pequena entrevista, analizaron varias probas e coñeceron de primeira  man o funcionamento dos distintos aparellos do corpo humano. 

Encantounos a súa charla! Moitas grazas pola visita!