cartas de amor

O NOSO ESPAZO

domingo, 24 de diciembre de 2023

Postais gañadoras

Unha vez máis, o concurso de postais, foi un auténtico éxito!!

 Aquí van as postais gañadoras

Erea Bernárdez González alumna de 2º de Educación Primaria, a súa postal foi a escollida para a portada das recomendacións Lectoras, que se trata dun traballo conxunto entre as bibliotecas escolares dos centros participantes no Plan de Bibliotecas da Estrada



e  de Miguel Cimadevila García alumno de 4º de Educación Primaria


 Noraboa a todos/as participantes!!!



miércoles, 20 de diciembre de 2023

COCIÑAMOS!!

Esta semana os cativos de 1º e 2º de Educación Primaria convertéronse en auténticos reposteiros. Coa axuda da súa mestra, prepararon unhas deliciosísimas galletas con formas navideñas. 

Compañeiros doutros cursos tiveron a oportunidade de probalas e a opinión foi unánime, estaban boísimas!!!




POSTAIS NAVIDEÑAS

Durante esta tempada de Nadal, a entrada do cole, encheuse de fermosísimas postais navideñas. 

Por unha banda, atopamos todas as postais que o alumnado do noso centro presentou ó concurso que realizamos todos os anos. Todas elas son do máis orixinais... grazas polo voso esforzo!! 

Mañá, durante o festival, daranse a coñecer ós premiados!


Ademais destas fermosas creacións, encontramos tamén as postais recibidas do alumnado do CEIP Pérez Viondi e Cabada Vázquez, a quen nós tamén lle enviamos felicitacións con todo o cariño. 

A continuación, ensinámosvos as recibidas! Encantáronnos!





MIROLEO RECOMENDA

 Este mes de Nadal  Miroleo recomenda obras navideñas do máis entretidas. Achegádevos a ollalas!!!


Actividade de dinamización da lectura

O pasado venres levouse a cabo unha actividade de dinamización da lectura coa colaboración da librería Aenea de Santiago de Compostela.

Lola, encheu a biblioteca de fermosos libros para todos os gustos e idades.





En Educación Infantil representounos o conto a "Abelliña que perdeu as ás" do escritor Ramón Romero Nogueira, que mesmo os cativos do colexio tiveron a ocasión e falar co autor para darlle as gracias por escribir este conto que versa dunha abella algo despistada.







En Educación Primaria, os alumnos foron os encargados de elixir aqueles libros que máis lle gustasen, facéndonos despois Lola unha presentación dos mesmos. Escollimos un montón de obras de tódolos xéneros: narrativas, divulgativas, mangas... 

Agora, xa forman parte das estanterías da nosa biblio!!!





MES DA CIENCIA

Novembro é o mes da ciencia, por iso, durante os recreos, o alumnado  voluntario puido ensinarlle ós seus compañeiros e compañeiras magníficos e impactantes experimentos.

Como a actividade tivo tanto éxito, ampliouse durante o mes de decembro.

Aquí vos deixamos algunhas fotos das nosas experiencias. 






viernes, 8 de diciembre de 2023

VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

 

Un ano máis, aquí temos o VI CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!

Animádevos a participar!!


domingo, 3 de diciembre de 2023

MOSTRA DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS

Co gallo da celebración da  VI edición da mostra de Teatro Escolar Olimpio Arca, o alumnado de sexto de Educación Primaria,  acudiu este martes ó teatro da Estrada para representar a obra A viaxe de Farrapos de Carlos Labraña.
Xunto con compañeiros e compañeiras doutros centros e familiares, disfrutaron dunha magnífica tarde, onde representacións de diferentes temáticas foron as protagonistas. 
Ademais, no noso caso, tivemos un espectador de luxo, pois contamos co autor da obra entre o público, quen nos acompañou durante toda a tarde. 



Podedes ver todas as imaxes clicando aquí.

Por último, o alumnado puido desfrutar dunha merenda para poñer fin a esta divertida e estimulante tarde.