cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 21 de diciembre de 2018

FESTIVAL DE NADAL

PREZADAS FAMILIAS, DEIXÁMOSVOS UNHAS FOTOS DO FERMOSO FESTIVAL QUE TIVEMOS NO COLEXIO.
Grazas a todas as familias por asistir e colaborar e tamén dar as grazas  os mestres polo seu traballo e esforzo!






miércoles, 19 de diciembre de 2018

FELICITACIÓN NADAL

De parte de todos os mestres e mestras do Ceip Plurilingüe de Oca desexámosvos un venturoso ano 2019 cheo de ledicia e felicidade


RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL

Aquí vos deixamos o enlace coas recomendacións lectoras para o nadal
https://drive.google.com/file/d/1eer5Hngw79dCPt3MKDWEVxo88fKCnKrR/view?usp=sharing

NOVOS LIBROS

Estas son algunhas das novas adsquisicións para a biblioteca do centro. Estamos traballando O PROXECTO MULLERES QUE CONTARON, e pareceunos moi interesante esta colección de mulleres bravas da nosa historia

jueves, 13 de diciembre de 2018

DECORACIÓN DE NADAL, INTERCAMBIO DE POSTAIS

CHEGOU O NADAL AO COLEXIO DE OCA!!!!!MIRADE QUE BONITA QUEDOU A BIBLIOTECA....



O RECANTO DE MIROLEO RECOMENDA:


A ENTRADA DO COLEXIO:

ALGUNHAS DAS NOSAS PORTAS...






O ALUMNADO DE INFANTIL TAMÉN INTERCAMBIOU POSTAIS DE NADAL COS AVÓS E AVOAS DA RESIDENCIA DE PUENTEVEA, ESTAS SON ALGUNHAS DAS POSTAIS QUE FIXERON OS NENOS E NENAS DO COLEXIO DE OCA


I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Este ano decidimos promover un concurso para elaborar postais de nadal.
Foron numerosas as postais que chegaron ao centro, e dende aquí damos as grazas a todas as familias que participaron porque verdadeiramente foron todas fermosísimas e moi elaboradas!!!








E A POSTAL GAÑADORA PARA A FELICITACIÓN DE NADAL AOS COLEXIOS DA ZONA É A POSTAL DE : SAMUEL CASAL IGLESIAS (ALUMNO DE 4º CURSO)
E A SEGUNDA MELLOR POSTAL, QUE EMPREGAREMOS PARA A PORTADA DAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS É A DE: CANDELA PENIDE MARTÍNEZ (ALUMNA DE 5º DE ED. INFANTIL)



RECANTO DAS PALABRAS MÁXICAS

Esta semana inauguramos un novo recanto  no exterior da nosa biblioteca das palabras máxicas:
O RECANTO DAS PALABRAS MÁXICAS.
Mirade que fermoso quedou!!


lunes, 3 de diciembre de 2018

ENTREGA DE PREMIOS: ESTRADA MICOLÓXICA

O pasado 1 de Decembro foi a entrega de premios de debuxo de Estrada Micolóxica

A premiada foi Sabela alumna de 6º de primaria. Noraboa Sabela!!


Estes foron os debuxos que presentou o noso alumnado



FESTA DA POESÍA

O día 30 de Novembro celebrouse a festa da Poesía ( Premio de Poesia Avelina Valladares) poetisa de Vilacosta ( A Estrada)
Este acto  foi no Teatro Principal, e os poemas tomaron o teatro xa que se celebrou unha nova edición da festa da poesía. Diversos colectivos participamos neste acto.
Durante o evento os centros educativos estivemos moi presentes,dúas alumnas do noso centro:  ( Sabela e Zaira de 6º de primaria recitaron dous poemas.







Zaira e Sabela co gañador do premio ( Xurxo Alonso)


lunes, 26 de noviembre de 2018

I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

Dende o Equipo de Biblioteca xunto co Equipo de Normalización, convocamos ao noso alumnado o
 I CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Agardamos que participedes!!!


MULLERES QUE CONTARON; DECORACIÓN DA BIBLIOTECA

Hoxe no día despois do día internacional da eliminación da violencia en contra das mulleres, pareceunos un día sinalado para compartir con todos vós e damos por inaugurada a porta da biblioteca!!
Tamén vos queremos ensinar o mural da entrada do colexio

E AQUÍ VAI UNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS MULLERES QUE FORMARON E FORMAN PARTE DO COLEXIO OCA, MESTRAS QUE CONTARON E MESTRAS QUE SEGUEN CONTADO E TAMÉN UNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS NAIS DO NOSO ALUMNADO!!

Esta decoración non sería posible sen a axuda inestimable do Equipo de Normalización e das familias.