cartas de amor

O NOSO ESPAZO

martes, 21 de diciembre de 2021

IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano máis o IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, foi un verdadeiro éxito.

A entrega de agasallos fíxoa o mesmo Papá Noel que nos quixo facer unha visita express antes de repartir os regalos en noiteboa


Velahí as recomendacións lectoras para o nadal coa postal gañadora de Lois.


A postal elixida para felicitar á Comunidade Educativa foi a postal de Uxía.



lunes, 20 de diciembre de 2021

Visitas especiais 🎄🎅🎇🎄

 Hoxe tivemos unha día moi especial e con moitas sorpresas.

Visitáronnos uns Elfos chegados da mesma Laponia para recoller as cartas de Papá Noel.


 





 

Despois o Mago Marlangas levounos a unha viaxe no tempo!!










sábado, 4 de diciembre de 2021

FESTA DA POESÍA

 A Estrada celebrou onte a súa festa poética no Teatro Principal. Un acto que se completou coa entrega do XXV Premio de Poesía Avelina Valladares que recibiu o autor Manuel López. Tras este acto, varias persoas do mundo escolar e sanitario recitaron un poema coa música de Xiana Lastra, Andrea Porto e Marcela Porto.

Do noso centro acudiron Mario de 3º e María de 4º e recitaron xuntos o poema VENTO, VENTIÑO VENTEIRO de Antonio García Teijeiro




 

 PARA SABER MÁIS 👉FESTA DA POESÍA

viernes, 3 de diciembre de 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 O 3 de decembro conmemórase o  Día Internacional das Personas con Discapacidade  co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e lograr a inclusión.

No colexio elaboramos unha actividade para concienciar a todos os nenos/as que formamos parte dunha sociedade, que cada un de nós somo unha peza dun puzzle, e que cando encaixamos as pezas dese puzzle logramos cousas maravillosas.