cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 26 de febrero de 2021

LEMBRANDO A ROSALÍA DE CASTRO.

 Onte foron numerosas as actividades que se realizaron no centro en torno á figura de Rosalía de Castro.

O alumnado de Infantil, comenzou o proceso de ilustración coa lectura do poema "Has de cantar meniña gaiteira"


e logo colorearon a Rosalía


Os nenos/as de 1º de primaria  pintaron a Rosalía, na actividade E TI COMO VES A ROSALÍA?



Tamén os alumnos de  2º e 3º  , elaboraron un pequeno vídeo para conmemorar a Rosalía para participar na actividade da Asociación Vagalumes : FÁLANOS DE ROSALÍA. Todas as achegas poderanse ver na páxina www.tabeirosmontes.com












domingo, 14 de febrero de 2021

Entroido

 O pasado venres festaxamos un entroido atípico, pero aínda así non faltaron as ganas de pasalo ben.

Tivemos unha xornada solleira, onde o alumnado e mestres desfrutaron  dun obradoiro de xogos tradicionais e logo unha pequena festa de entroido.










jueves, 11 de febrero de 2021

En febreiro Miroleo recomenda...

 No recanto das recomendacións mensuais, xa podemos atopar as lecturas para este mes, relacionadas co AMOR E A AMIZADE.




viernes, 5 de febrero de 2021

PRESENTACIÓN PROXECTO MULLERES PIONEIRAS

 Co novo ano, chegamos ao o remate do proxecto MULLERES PIONEIRAS GALEGAS ACTUAIS.

Foi un proxecto bianual, moi amplo, que xermolou na biblioteca co título MULLERES QUE CONTAN e que por mor da situación sanitaria non puidemos expoñelo de cara as familias. 

Pero para que non vos perderades todas as nosas investigacións, elaboramos estas presentacións para que vexades cánto traballamos e sobre todo cánto aprendemos.

 
 
Presentación elaborada polo alumnado de 5º /6º de Educación Primaria.

 Pero sobre todo GRAZAS a:

- Rosalía Morlán

- Verónica Boquete

- Elena Ferro

- Mila Valiño

- Isabel Neira

por inspirarnos e axudarnos a investigar sobre elas.




jueves, 4 de febrero de 2021

ENTROIDO, ORDES DO MECO

 Estimadas familias e nenos , o entroido está a piques de comezar, este ano o MECO DE OCA, púxonos unhas ordes que debemos obeceder! 

Estas ordes non son acumulativas, asique comenzade a preparar o que o meco nos pide para festexar o entroido!