cartas de amor
Mostrando entradas con la etiqueta biblioenigma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioenigma. Mostrar todas las entradas

domingo, 1 de diciembre de 2013

GAÑADORES/AS DO BIBLIOENIGMA 2

Aquí tedes aos gañadores/as do SEGUNDO BIBLIOENIGMA!


NORABORA AOS GAÑADORES PERO TAMÉN AOS PARTICIPANTES XA QUE TODOS/AS O FIXERON MOI BEN!!!




martes, 5 de noviembre de 2013

BIBLIOENIGMA 2


XA ESTÁ AQUÍ O BIBLIOENIGMA NÚMERO 2. 
PREPARADOS???
Nesta ocasión toca investigar sobre este froito que estades vendo na foto.
 Mmmmm ... que ben sabe!!!
Non esquezades recoller a "tarxeta de participación" na biblioteca das palabras máxicas.
BOA SORTE E BOA INVESTIGACIÓN!!!

Aquí tedes unha pequena información que vos pode ser útil:

A CASTAÑA 

(Nome científico: castanea sativa)

A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitouse e alimentouse dela. Ata hai poucos anos eran alimento base da poboación europea. No século XVI viñeron as patacas e o millo de América e pouco a pouco as castañas perderon protagonismo.

Pódense comer de moitas maneiras: asadas, cocidas...  (Cando lle quitamos as cascas ás castañas cocidas, frescas ou asada, dise debullar). Antigamente facíase fariña coas castañas secas, tamén chamadas "pilongas". 

A árbore que dá as castañas é o castiñeiro. O número de castiñeiros diminuiu en Galicia a pesar das repoboacións, a causa é principalmente pola invasión de piñeiros, eucaliptos e outras especies arbóreas, así como tamén os incendios forestais. 

De todas as árbores que hai en Europa, o castiñeiro é a árbore que máis anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania e dise que ten uns 3.000 anos. En Galicia o máis antigo está no concello de Manzaneda (Ourense) e calcúlase que pode ter uns 1.000 anos. Precísanse dez persoas adultas collidas da man, cos brazos extendidos, para poder rodear o contorno da árbore. A flor dos castiñeiros chámase candea.

Cando celebramos a festa do magosto, adoitase facer xogos populares, bailar, cantar ... É común tiznarse a cara uns aos outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.

A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura, ten un amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento. Forman parte do noso refraneiro popular, deron orixe a moitos topónimos de Galicia e están presente en moitas expresións que usamos a cotío. Algunha destas expresións son:

- Non estar para asar castañar (quere dicir: non ter ganas de festa)
-  Pegarse un castañazo (quere dicir: darse un golpe forte)
- Manda castaña! (usamos esta expresión cando algo nos sorprende)

A castaña é un alimento moi nutritivo. Nesta táboa podes ver todo o que achega ao noso corpo:


Aquí podes atopar información e xogos sobre a castaña:

CONTO PARA INFANTIL:  A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA

CONTO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO: A CASTAÑEIRA

ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA (1º- 6º)

PARA SABER MÁIS (PRIMARIA)

VIDEO SOBRE O MAGOSTO


RECEITAS CON CASTAÑAS (castelán)

- Croquetas de castañas 
- Tarta de castañas 













lunes, 4 de noviembre de 2013

GAÑADORES E GAÑADORAS DO BIBLIOENIGMA 1!!!!!






(Aquí vemos aos nenos/as de Infantil, recollendo as súas tarxetas de participación no BIBLIOENIGMA 1)



Xa temos os gañadores e gañadoras do primeiro biblioenigma.
Miroleo quere felicitar aos gañadores/as pero tamén a todos/as os que participaron neste Bibilioenigma.











E xa sabedes ... en novembro teremos outro, estade moi atentos!!!!






viernes, 18 de octubre de 2013

BIBLIOENIGMA1: AS CABAZAS






Halloween é unha festa que se orixinou na cultura celta e que celebra todas as noites do día 31 de Outubro.

Nalgúns países os nenos se disfrazan esa noite e pasen polas rúas pedindo doces de porta en porta.

Tamén adoitan decorar cabazas facéndolle ollos e boca e colócanlle dentro candeas.

En Galicia esta festa é coñecida como Samaín e xa era tradición antigamente o uso das cabazas. Unha das fontes de alimentación de Galicia é a pataca, antes de que chegara desde América, comíanse castañas. Antes de que os romanos trouxeran as castañas era ... A CABAZA!!!!

Así, vemos que a cabaza tamén pode formar parte da mesa. Ademáis de ser moi saborosa, a cabaza, achega nutrientes ao noso corpo. É rico en fibra, é unha gran fonte de potasio, fósforo e calcio. Tamén ten un elevado contido en betacaroteno.

É posible preparar con ela tartas, sopas e moitos pratos máis. O seu sabor doce combina moi ben coa canela, o clavo e o xenxibre.

Outras fontes de información:

http://www.enbuenasmanos.com/articulos/muestra.asp?art=196

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/osamain.pdf

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain/historia.html









E AQUÍ TEDES  UNS XOGOS SOBRE O SAMAÍN PARA POÑER A PROBA TODO O QUE SABEDES DESTA CELEBRACIÓN

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html

http://chiscos.net/f1/samain/samain.html (PARA OS MÁIS PEQUENOS)

https://dl.dropboxusercontent.com/u/31356478/Sama%C3%ADn%202/o_samain.html