cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 31 de mayo de 2019

VI FESTA DAS PALABRAS

     O próximo 4 de xuño, os escritores máis pequenos da vila recibirán os premios do VI concurso de microrrelatos e micropoemas da Festa das Palabras. A entrega de premios comezará ás 20:00 horas no Teatro Principal e os gañadores recibirán un exemplar do libro que conterá os textos gañadores e un caravel branco.

    Os exemplares do libro conterán os textos dos 61, saídos das diferentes categorías e centros implicados gañadores desta edición, ademais de 14 ilustracións realizadas polos alumnos de primaria e infantil dos sete colexios participantes




http://www.aestrada.gal/index.php/gl/43-news/novas/5547-os-pequenos-escritores-da-vila-seran-premiados-o-martes-na-festa-das-palabras














Aquí vos deixamos as fotos da festa das palabras, un fermoso acto coa escritora LEDICIA COSTAS como madriña e acompañados pola música do grupo de música tradicional Decotío








jueves, 23 de mayo de 2019

VIDEOCONECTAD@S

     O pasado xoves dentro dos actos da semana das letras galegas,  levouse a cabo unha actividade plurianual que comezamos no curso 2017/2018 e está organizada por todos os centros da Estrada.

     O noso centro preparou o contido da videoconferencia sobre o Entroido de Laza e os peliqueiros,  xa que tivemos un peliqueiro moi especial entre nos que foi o profesor de 6º curso de Primaria.

     A videoconferencia  realizouse o pasado xoves co IES nº1 e os encargados de levala a cabo foron os alumnos e alumnas de 6º curso de primaria e dirixida para o alumnado de 2º de ESO de dito centro.








miércoles, 22 de mayo de 2019

CORRELINGUA 2019

O galego é a fórmula foi o lema da 19 edición do Correlingua que tivo lugar onte na Estrada. Quíxose centrar a atención na necesidade de que o galego esté presente en todas as materias do ensino e tamén no ámbito científico.
Os nenos e nenas de 3º, 4º e 6º curso do colexio acudiron á Estrada e levaron unha pancarta que simbolizaba a implicación do noso colexio na dinamización da lingua galega e tamén o alumnado levou unha pegatina na camiseta co nome das palabras que mais lle gustaban en galego.


Despois de facer un percorrido pola vila, os nenos e nenas de todos os centros, participaron nunha festa onde leron os manifestos en prol da lingua galega. O fin de festa rematou coa solta de globos por parte de todos os centros e a entrega dun diploma para o centro pola participación.







miércoles, 15 de mayo de 2019

martes, 14 de mayo de 2019

CONCERTO DIDÁCTICO

    Nesta semana das Letras Galegas, son varios os actos que temos no noso colexio. Hoxe o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria achegáronse ata a Estrada para asistir a un Concerto Didáctico no Teatro Principal.
     En colaboración co EDLG do CMUS Profesional de Coruña e os CEIP da Estrada, o noso alumnado  achegouse á tradición dos cantares de cego. O música Pancho Álvarez coa colaboración de Abraham Cupeiro, achegounos a unha das tradicións orais mais importantes de Galicia a través do seu disco  "Florencio, o cego dos Vilares"
     Mestres de música dos Ceip participantes musicalizaron unha estrofa coa colaboración de todo o alumnado que amenizaron a sesión.
     Na 1º parte do concerto Abraham Cupeiro explicou a orixe dos instrumentos de vento, e tamén un dos mais importantes da nosa contorna que é a corna.


     Na 2º parte Pancho Álvarez explicou os instrumentos do Pórtico da Gloria como son o organistrum, a arpa ou a cítara entre outros.