cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 24 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.

Hoxe 24 de Outubro co gallo do día das Bibliotecas Escolares, convidamos a Don Valentín García Secretario Xeral de Política Lingüística e a Dona Amalia Goldar Concelleira de Educación do Concello da Estrada para ensinarlle o noso proxecto sobre as Mulleres Pioneiras Galegas Actuais.
A nosa sorpresa foi tremenda cando vimos que non viñan sós, que viñan acompañados dos BOLECHAS!!!!
Moitas gracias a todos por vir!!




miércoles, 23 de octubre de 2019

ESTE MES DE OUTUBRO MIROLEO RECOMENDA...

Os novos colaboradores deste curso xa comezaron a traballar. Este mes Miroleo recoméndanos contos de bruxas, de medo, de vampiros... mirade que terrorífico!

POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA!

O pasado xoves, tivemos o pracer de recibir a Lola da librería Aenea de Santiago de Compostela que nos trouxo moitas novidades en canto a biblioteca inclusiva se refire.



Nuns días amosarémosovos un novo recanto que estamos creando na nosa biblioteca das palabras máxicas con todo o fondo documental que estamos mercando.

jueves, 3 de octubre de 2019

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS

Como xa vos adiantábamos, o pasado día 1 de outubro a biblioteca abriu as súas portas, e quen mellor para a súa inuguración que unha muller que ten moito que contar. Lorena López Cobas profesora de historia da música contounos un fermoso conto dunha nena que quería ser música  e para iso investigou e buscou nos libros sobre todas as mulleres que fixeron historia ao longo da música.
Moitisimas grazas Lorena por ilustrarnos tan ben todas as mulleres pioneiras!