cartas de amor

O NOSO ESPAZO

domingo, 26 de noviembre de 2023

25 de NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a biblioteca  seguimos a realizar actividades de concienciación con respecto a esta data. Esta vez, foron os máis cativos do cole, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria, os encargados de realizar un mural expositor adicado a dita conmemoración.



lunes, 13 de noviembre de 2023

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, elaboraron uns carteis destinados a promover a reflexión sobre este problema que tanto afecta a nosa sociedade.  Ditos carteis foron presentados a un concurso convocado pola Secretaría Xeral de Igualdade e Dirección  Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A continuación, amósase o resultado.





MIROLEO RECOMENDA

Este mes e co motivo da celebración do Mes da Ciencia, Miroleo cambia as súas recomendacións a libros científicos que conteñen multitude de experimentos. 

A maiores, no mural expositor, recóllese cada día un novo experimento co fin de que o alumnado se anime a comprobalo. 



NOVIDADES

 A biblioteca está comezando a recibir multitude de novidades, aquí vos deixamos algunhas.

Achégate a coñecelas!





jueves, 2 de noviembre de 2023

EXPOSICIÓNS DE SAMAÍN

Como todos os anos, durante estas semanas, na entrada do centro contamos cunha gran exposición de manualidades feitas con produtos desta época, a maioría e dada a data,  de temática terrorífica. 
O alumnado coa axuda das súas familias crearon uns traballos tremendamente orixinais.









A maiores, acompañando esta exposición atopamos aterradores monstros creados polo alumnado de Infantil ademais da mostra de postais de Samaín. 

Tódolos cursos, intercambiamos postais de Samaín  con outros centros da Estrada. Este ano,  as nosas postais foron enviadas ós colexios do Foxo, Cabada Vázquez e Pérez Viondi, esperamos que lles gustasen moito! Pola nosa parte, recibimos postais dos CEIP Cabada Vázquez e Pérez Viondi, encantáronnos!!!









miércoles, 1 de noviembre de 2023

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Este martes celebramos O Samaín no cole, desfrutando dunha xornada repleta de actividades. 

Para comezar o día, o alumnado de sexto, elaborou unha receita do máis terrorífica, Piruletas de Frankenstein, un postre tan doce como horripilante.




Continuamos o día  cunha magnífica actuación de Anxo García, membro de Viravolta Títeres, desfrutando de contos representados por simpáticas marionetas. Deste divertido espectáculo puideron ser participes tanto o alumnado como as familias que nos acompañaron. 







Ó rematar dita actuación, como non podía ser doutro xeito neste día, houbo unha degustación de castañas acompañadas de chocolate e rosca, realmente delicioso!

Por último e xa para poñer fin á xornada, o alumnado puido ver a película de animación Coco, proxectada na biblioteca.


Como recollíamos ó comezo, un día diferente e tremendamente divertido!