cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 28 de noviembre de 2022

 25 N día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

 Un curso máis,  o 25 N é unha data no calendario que non podemos esquecer. Precisamos accións para denunciar a violencia de xénero e erradicar este tipo de comportamentos.

Os colaboradores actualizaron as lecturas para este día


 Dende Infantil ata Primaria leváronse diversas accións para traballar valores de iguladade e cidadanía, de aprendizaxe para a convivencia.








 

lunes, 21 de noviembre de 2022

CHARLAS INTERESANTES

O pasado venres, tivemos o pracer  de acudir a unha charla impartida por Andrea Durán, veterinaria e especialista en acuicultura. A través dunha videoconferencia, Andrea  falounos do sono dos animais, tanto das súas fases como das curiosidades que rodean este tema. Ademais, puidemos preguntarlle todas as dúbidas que nos foron xurdindo sobre o mesmo.

O mundo dos animais é un dos que máis nos fascina, polo que disfrutamos moito desta entrevista!






 

VISITAMOS A FINCA MOURISCADE

O pasado martes, os alumnos e alumnas de 3º, 4º e 5º, tivemos a oportunidade de visitar a finca Mouriscade. Nela puidemos ver o laboratorio, os establos, a sala de ordeño…  alí faláronnos da análise das forraxes, piensos, bacterias… así como do seu programa de mellora xenética. Sen dúbida, unha saída moi didáctica! Pero… o que máis non gustou, foi a ver os becerriños que contaban con poucos meses ou incluso días de vida!



Para ver todas as imaxes podedes clicar aquí.

MES DE NOVEMBRO...MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA


 

 O mes de novembro está adicado á ciencia en galego. Por iso no recuncho das recomendacións da nosa biblioteca poderedes atopar bibliografía relacionada coa temática deste mes.


Ademais temos nos recreos experimentos preparados polo alumnado. O primero dos experimentos foi a cargo dos alumnos de 4º e titulárono "O MISTERIO DAS TRES VELAS"









 

 


viernes, 18 de noviembre de 2022

Charla sobre ciberseguridade

O pasado venres, os alumnos e alumnas de cuarto e quinto recibimos unha charla por parte dun axente da Garda Civil sobre ciberseguridade. Nela déronnos diferentes claves para un correcto uso de Internet, centrándose nas redes sociais, xogos, uso de imaxes… Algo moi necesario posto que empregamos esta ferramenta a diario. 


Visitas Especiais

Fai unhas semanas puidemos disfrutar dunha visita moi especial. Tivemos o pracer de entrevistar á nai dun dos nosos alumnos, neste caso a entrevistada foi Mónica Brey Baltar. Mónica foi unha das pioneiras na mecanización da recollida da mazá. Durante a súa charla explicounos con detalle todo o proceso de elaboración da sidra, dende a recollida desta froita ata a transformación final nesa bebida. Foi unha entrevista do máis divertida e interesesante! Animámosvos a lela completa na revista do cole, que se publicará nuns días.

viernes, 4 de noviembre de 2022

SAÍDA MICOLÓXICA

  Onte realizamos unha saída micolóxica coa colaboración da Asociación Micolóxica de Orazo. Primeiro realizaron unha explicación sobre as as distintas especies, cores, formas, olores, sobre cómo debemos recoller cogumelos ao monte..e logo saímos a buscar.

Atopámonos con que no noso patio temos moitas especies e logo fixemos unha clasificación.





 

miércoles, 2 de noviembre de 2022

SAMAÍN E MAGOSTO

 O pasado venres celebramos o SAMAÍN e MAGOSTO.

Poidemos ver a exposición de manualidades que cada ano vai en aumento!!Agradecer a todas as familias e alumnado o gran traballo que fixestes!






Pola mañan houbo taller de cociña de galletas de Samaín, e un scape room.






 

E xa para rematar a mañán  tamén nos disfrazamos e desfrutamos dun día en familia con castañas e coa actuación de Viravolta Títeres.