cartas de amor

O NOSO ESPAZO

viernes, 29 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO

Con motivo do DÍA DO LIBRO, estas foron algunhas das actividades que levamos a cabo no centro.

👉Actualización do recanto Miroleo recomenda...



👉LECTURAS COMPARTIDAS, aproveitando unha mañán solleira, retomamos a actividade das lecturas compartidas.

 

👉DECORACIÓN DE BOLSAS PARA AGASALLAR AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DO COLEXIO CUN LIBRO E UN MARCAPÁXINAS

 


 💥VISITA DE XOSÉ LUNA O MARTES 3 DE MAIO NA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO

 "CAMIÑANDO CAMIÑANDO"  NA BIBLIOTECA "MANUEL OTERO ESPIÑO".


 


I CONCURSO DE CERTAME FOTOGRÁFICO

Foron moitas as fotografías que participaron no I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE TEMÁTICA AMBIENTAL
 
 

 




 Estas foron as fotografías gañadoras

 María de 5º de Educación Infantil


Luisana de 4º de Educación Primaria


Fabiola de 6º de Educación Primaria


Noraboa ás gañadoras e grazas a todos os nenos, nenas e familias por participar



miércoles, 27 de abril de 2022

VISITA "O ENREDO DO ABELLEIRO"

 O pasado 6 de abril, o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º realizaron unha saía ao "ENREDO DO ABELLEIRO" en Portodemouros. https://www.abelleiro.com/

Puideron visitar as instalacións, así como unha pequena charla sobre a importancia das abellas. Tamén  viron as colmeas e vestíronse co traxe de apicultor para observar as abellas no seu propio entorno.


















Pero antes de acudir a esta saída , levaron a cabo unha gran investigación sobre as abellas e realizaron uns fermosos murais





















Traballando en Digricraft

 O alumnado de sexto segue a traballar no Programa Digicraft. Un exemplo disto foi un reto chamado  " Pesadelo na Biblioteca".

  Viron como se poden organizar os recursos dunha biblioteca e a forma de programar un robot para optimizar o tempo de busca dos recusos. Usamos a programación para buscar de  xeito autónomo nunha base de datos.