cartas de amor

O NOSO ESPAZO

lunes, 3 de abril de 2017

ENTROIDO 2017

O BOSQUE COBRA VIDA
Este Entroido disfrazámonos de árbores e animais do bosque seguindo a temática do noso proxecto anual de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega (Os espazos protexidos)
Fixemos unha comparsa ata o pazo de Oca, onde degustamos produtos típicos destas festas na compaña das familias.









http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2017/02/24/bosque-cobra-vida-oca/0003_201702D24C119921.htm

lunes, 20 de marzo de 2017

CHEO DE MOSCAS...

Dende Arnois trouxemos a un experto en PESCA SEN MORTE que estivo mostrando como se fabrica a mosca que se emprega para capturar as troitas, facéndolles o menor dano posible.
Este pescador comprometido coa natureza é Juan, o pai de Alba e Mario.
As moscas imitan a insectos que comen as troitas. Quedamos fascinados/as pola abraiante meticulosidade necesaria para a elaboración das mesmas.




lunes, 6 de marzo de 2017

DÍA DA PAZ

Durante esta semana estivemos coñecendo a realidade do pobo saharauí. Recaudamos cartos para a súa causa. O día da paz, tivemos unha charla a cargo de Juan Soutelo, delegado deste colectivo en A Estrada.
Ademáis para completar esta xornada, cantamos unha canción relacionada co proxecto deste ano. Un canto  a favor da conservación do medioambiente.

Tamén tiñamos pensado realizar unha carreira solidaria a favor do pobo do Sahara que finalmente non puidemos levar a cabo por mor das condicións metereolóxicas.






Ademáis entregamos as primeiras mochilas viaxeiras. Aquí podedes ver @s afortunad@s!


lunes, 20 de febrero de 2017

SAÍDA Á CASA DAS LETRAS E A RADIO ESTRADA

O martes 29 de novembro saímos toda a escola para coñecer como se fai un programa de radio en directo. Ademais visitamos a Casa das Letras, que é a biblioteca municipal da Estrada. Ensináronnos o seu funcionamento e o uso de cada unha das dependencias.









lunes, 13 de febrero de 2017

MAGOSTO E XOGOS POPULARES

O venres 28 de outubro celebramos o Magosto.  Realizamos unha xornada de XOGOS POPULARES, de MÚSICA TRADICIONAL e unha degustación de SOBREMESAS CASEIRAS elaboradas con produtos de tempada. 
Contamos coa asistencia e colaboración de nais e pais e algún avó e avoa.