cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 11 de marzo de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN: LINDA Á ESPREITA E A RA RITA

Onte visitounos a familia SÁNCHEZ GÁLVEZ de 1º de primaria,  e tivemos a sorte que nos contou dous contiños ben fermosos:

Moitísimas grazas familia!


Concerto didáctico MUSIKENOS

Hoxa pola mañá tivemos un concerto didáctico a cargo de MUSIKENOS que nos ensinaron ritmos básicos como o blues, o jazz, o reggae ou o bossa nova. 


PROXECTO DE EDUCACIÓN AVÍCOLA

Dende hoxe o noso centro participa coa Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos – AVIMÓS, para  desenvolver un proxecto de educación avícola cara aos máis pequenos, consistente en diversas charlas divulgativas sobre a raza e observando na propia aula, o ciclo de incubación e de nacemento dos polos mediante a incubación dos ovos por medio dunha incubadora artificial de 20 ovos. é unha maneira de achegarlle aos rapaces as bondades do rural e en especial a avicultura artesá.

Para levar a cabo este programa teremos unha incubadora no centro, ao longo de durante 21 días. Hoxe tivemos a primeira actividade, onde un veterinario nos explicou  as características dos ovos e do mecanismo de incubación, o control de temperaturas, humidade, etc.
Posteriormente no día 19 de incubación miraremos cun ovoscopio aqueles que teñen embrión no seu interior e finalmente, no día 22 de incubación, impártese unha charla de aproximadamente 45 minutos sobre a Galiña de Mos.


lunes, 9 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

Hoxe con motivo da conmemoración do DÍA DA MULLER, invitamos a MILA VALIÑO, unha das mulleres pioneiras que estamos a estudar no centro.
Primeiro o alumnado de 2º leu un pequeno manifesto.
Despois Mila coñeceu ao noso alumnado, e contoulle a súa historia. É unha muller que ten moito que contarnos. Contounos cómo chegou a ser unha das primeiras mulleres en dirixir unha banda de música, ou cómo loitou para ser a primeira muller en conseguir o título Superior de música na especialidade de tuba.
Deixounos unha mensaxe moi ilustrativa para o nosos alumnos e alumnas, que loiten polo que soñen e sobre todo que todas as cousas que fagan, que as fagan sendo felices.



Moitísimas gracias Mila pola túa visita e polo teu agarimo.




viernes, 6 de marzo de 2020

CHARLA: ASOCIACIÓN AMIGOS DE GALICIA

Hoxe na biblioteca tivemos unha pequena explicación do traballo que realiza a Asociación Amigos de Galicia.
Explicáronlle ao alumnado de primaria sobre o voluntariado,os diversos voluntariados que existen e o traballo que realizan.
Tamén nos ensinaron todo o que conseguiron coas diversas campañas de reciclaxe de tapóns de plástico. Aquí vos deixamos un vídeo que nos ensinaron o que conseguiron con millóns de tapóns de plásticohttps://www.youtube.com/watch?v=GFCtR1u32L4

Sen dúbida unha sesión moi ilustrativa!

miércoles, 4 de marzo de 2020

FAMILIAS QUE CONTAN: LAS AVENTURAS DE CASTILLOLANDIA

Despois do entroido, a nosa biblioteca segue recibindo as visitas das nosas familias que contan.Onte visitou a nosa biblioteca a familia VALIÑA SAINZ de 5º de Educación Infantil, para contarnos o conto: LAS AVENTURAS DE CASTILLOLANDIA.
Moitísimas grazas Jesús!






lunes, 2 de marzo de 2020

FESTA DA CAMELIA- VEDRA

O pasado 23 de febreiro celebrouse a XXV Xornada Arredor da Camelia (2020) en  Santa Cruz de Ribadulla en Vedra. Entre as moitas actividades ao longo de todo o día, todos os asistentes a este acto disfrutaron dunha exposición de debuxos onde o noso centro participou. 
Mirade que debuxos mais fermosos fixeron os nosos alumnos e alumnas!







RECITADO POÉTICO ROSALÍA DE CASTRO

O pasado xoves, dous alumnos do centro: LOIS CANCELA FONTAO alumno de 4º de primaria e JAIME COUCEIRO SILVA alumno de 1º de primaria, participaron no Recitado poético homenaxeando a Rosalía de Castro. O acto tivo lugar no Teatro Principal, iniciouse cun recitado de poemas dos centros escolares da zona e logo presentouse un vídeo do realizador estradense Lucas Terceiro.






Aquí vos deixamos o fermoso vídeo, onde unha Rosalía moza abandona a súa casa  padronesa para adentrarse na paisaxe e na cultura estradense. No seu bico, o berro desesperado da soidade, o latexo abafante da emigración... Na nosa vila atopará a ollada cómplice de dous referentes do Rexurdimento, Avelina e Marcial; Marcial e Avelina Valladares; tres pioneiros repletos de compromiso, lingua e sensibilidade. Un ano máis, da man do realizador Lucas Terceiro e a música de Guadi Galego, o Concello da Estrada rende homenaxe, con este poema audiovisual á nai das nosas Letras.


https://www.youtube.com/watch?v=rmtp5xKPR0g