cartas de amor

O NOSO ESPAZO

jueves, 28 de febrero de 2019

ENTROIDO EN OCA

Onte vivimos unhas das xornadas mais fermosas, celebramos o entroido no colexio!!!Nenos, nenas, mestres e familias puxemos as mellores galas para celebrar o entroido

Primeiro tivemos un concerto de CÉ ORQUESTA PANTASMA!!Mirade que ben o pasamos!!






Despois Ángela e  Miguel Anxo de 4º e Zaira e  Nerea de 6º  representaron os atranques, e despois de moito ensaiar...
 por fin puideron revivir a tradición dos XENERAIS DA ULLA realizando os atranques




lunes, 25 de febrero de 2019

MALETAS VIAXEIRAS: BIBLIOTECA INCLUSIVA

Hoxe chegou á biblioteca das palabras máxicas a maleta viaxeira da Asesoría de Bibliotecas Escolares que leva por título :POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA.
Esta maleta ven cargadiña dunha chea de contos que o noso alumnado sen dúbida desfrutará na hora de ler ou nos seus momentos de lecer.




DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos no colexio o Día de Rosalía de Castro, muller pioneira e muller que contou moito, e sobre todo contou en galego.


O alumnado de infantil  fixo unha actividade que lle chamamos POEMA EN ROSA, que consistiu en elaborar unhas rosas cun poema de Rosalía de Castro.



Despois na biblioteca celebramos o acto central, onde elaboramos unha presentación e o alumnado de 3º e 4º fixeron unha cronoloxía da vida e obra rosaliana

Nesta presentación fixemos alusión a algunhas mulleres que foron pioneiras no seu tempo, como por exemplo a primeira condutora de camión, a primeira almirante ou mulleres tan coñecidas como María Pita ou as Marías de Santiago de Compostela.




Tamén vos deixamos a presentación onde explicamos en que consiste o noso proxecto sobre MULLERES PIONEIRAS e MULLERES QUE CONTARON




Por último o alumnado de 6º de Educación Primaria cantáronnos un rap co coñecido poema "Adiós ríos adiós fontes"

EXCURSIÓN A CORUÑA

O pasado xoves todo o alumnado do Ceip de Oca fomos de excursión a Coruña. A nosa visita consistiu en visitar o Planetaria e a Casa das Ciencias, a Casa do Home e o Acuario.
Foi unha excursión fermosísima!!






viernes, 15 de febrero de 2019

CARREIRA SOLIDARIA POLA PAZ

Onte tivemos unha tarde solleira para celebrar a carreira solidaria pola Paz.O alumnado dende os mais pequenos ata os máis maiores, mesmo os mestres pasamos unha tarde ben bonita, animando aos compañeiros e compañeiras e  recordando que non había gañadores nin perdedores que o importante era pasalo ben e disfrutar coa carreira!





jueves, 14 de febrero de 2019

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O 13  de febreiro celebrouse o DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. No noso colexio quixemos rendir unha pequena homenaxe a grandes mulleres e nenas que fixeron cousas e indagacións realmente importantes. Dende novembro no noso colexio o alumnado de 6º leva facendo pequenas investigacións sobre mulleres na ciencia.

Tamén vos queremos ensinar un artigo sobre mulleres sabias da terra, MULLERES QUE CONTARON CIENCIA EN GALEGO

Pola esquerda e de arriba a abaixo, Ángela Ruiz Robles, Aida Fernández Ríos, María Wonenburger, Jimena Fernández de la Vega, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño e Elisa Fernández de la Vega.

OBRADOIRO DE RISOTERAPIA

Durante o mes de xaneiro a cargo da Asociación Acrofam ( A Estrada) levou a cabo no noso centro unhas sesións de risoterapia dende infantil ata 1º de primaria con Baia Fernández. Con  Carlos Vila  dende 3º ata 6º de primaria
          En infantil  e 1º de primaria traballaron en tres sesións. En ditas sesións traballaron obxectivos como o concepto rirse de min- rirse conmigo, traballaron a confianza en sí mesmos e noutras persoas sempre con xogos e actividades para traballar cada obxectivo. Pero sen dúbida o que mais claro lle quedou ao noso alumnado foi que a  A RISA MELLORA A MIÑA SAÚDE, MENTAL, EMOCIONAL E FÍSICA.


         En 3º e 4º de primaria realizaron dúas sesións sobre as similitudes e diferencias entre homes e mulleres, fixeron moito fincapé en tomar conciencia de que nenos e nenas ante todo son persoas. Tamén abordaron os medos e preocupacións nun río imaxinario.



         En 5º e 6º de primaria levaron a cabo dúas sesións. Durante a primeira sesión realizaron unha rolda de preguntas para saber as inquedanzas e o carácter do alumnado. Tamén realizaron un río para indagar sobre os seus medos, preocupacións, sentimentos...
Durante a segunda sesión Carlos facía unha pregunta ao alumnado e logo o alumnado a él, todo para recadar información sobre o autoconcepto e a autoestima.





     




martes, 5 de febrero de 2019

CAMIÑANDO NO PROXECTO MULLERES QUE CONTARON

En novembro xa vos presentamos como quedara a entrada do colexio e a biblioteca...





Agora seguimos decorando o interior da biblioteca e atopamos un abecedario na rede feito por Manu Arranz e que podedes atopar neste enlace:

Mirade que bonitas temos as ventás coas grandes mulleres da nosa historia