Xaneiro, mes no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, no mural expositor da biblioteca atoparedes moitos libros relacionados con esta temática.
Animámosvos a lelos!
Blogue da biblioteca escolar do CEIP de Oca
Xaneiro, mes no que se conmemora o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, no mural expositor da biblioteca atoparedes moitos libros relacionados con esta temática.
Animámosvos a lelos!
Para dar comezo a este segundo trimestre, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron unha charla por parte dunha axente da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director, na que se abordaron temas moi importantes como o acoso escolar, factores de risco e ciberseguridade.
A continuación, deixámosvos algunhas imaxes do Festival de Nadal, que contou con diversas actuacións: panxoliñas, obras de teatro e bailes.
Unha xornada moi entretida que dou paso ás merecidas vacacións de Nadal. Ademais, para despedir o trimestre contamos cunha visita moi especial, Papá Noel, acudiu ao centro para saudar ao alumnado e darlles un pequeno agasallo.
Con motivo das festas de Nadal, no noso centro puxemos en marcha o VIII concurso de postais co obxectivo de escoller a imaxe que representará os bos desexos do colexio para toda a comunidade educativa e para as distintas entidades que colaboran connosco ao longo do curso.
O alumnado participou con moita ilusión nesta iniciativa, achegando propostas cheas de creatividade, cor e mensaxes de esperanza.
De entre todas, moi elaboradas, o EQUIPO DE BIBLIOTECA escolleu dúas:
Unha das seleccionadas será a encargada de acompañar as felicitacións que enviaremos nestas datas tan especiais, para desexar unhas boas festas. A postal escollida foi a de SOFÍA CANICOBA GESTOSO, alumna de 2º de Educación Primaria.
A outra postal seleccionada foi a de MIGUEL CIMADEVILA GARCÍA, para as recomendacións lectoras elaboradas polos centros Plambe da Estrada.
Durante este primeiro trimestre leváronse a cabo diferentes actividades de dinamización durante os recreos. Estas actividades consistiron no deseño e desenvolvemento de diferentes talleres por parte do alumnado.
Como xa se publicou con anterioridade, a comezos de trimestre desenvolveuse un taller de papiroflexia.
Continuose cun taller de creación de chapas, impartido por Sara.
Durante o mes de Decembro, dende a biblioteca levouse a cabo un taller de deseño e creación de adornos navideños, empregando para iso a cortadora láser. Os máis cativos recurriron a un deseño común a partir do cal fixeron diferentes variacións, mentres os maiores do centro elaboraron totalmente o seu propio adorno.
Durante a xornada de onte, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron unha charla interesantísima da man de Javi e Belén, dous fisiterapeutas, que desempeñan a súa labor no hospital da Paz e pertencentes á fundación Unoentrecienmil.
Estes profesionais, explicáronlle ao alumnado en que consiste a súa labor, como o deporte beneficia o tratamento de pacientes oncolóxicos, en concreto, nenos/as; podendo reflexionar de forma conxunta sobre os beneficios do deporte, incluso nas situacións máis complexas.