cartas de amor

O NOSO ESPAZO

miércoles, 15 de mayo de 2024

Actividade "Os instrumentos e a indumentaria tradicional van á escola"

 Con motivo da celebración do DÍA DAS LETRAS o mércores tivemos un obradoiro didáctico sobre os instrumentos e a vestimenta  na música tradicional coa colaboración de PABLO SEOANE E MARÍA MAYO.



O alumnado de Ed. Infantil e Ed. Primaria pudo coñecer de primeira man cales son os instrumentos tradicionais máis coñecidos, pero non só velos senón tamén tocalos e aprender un pouquiño máis acerca deles. Aprenderon tamén sobre o vestiario, os ritmos máis importantes dentro da nosa cultura e  a riqueza oral a través das coplas.

Moitas grazas Pablo e María!






 















jueves, 2 de mayo de 2024

CURSO PRIMEIROS AUXILIOS

O pasado luns, recibimos a visita de dous profesionais da Protección Civil. Juan, pai dun dos alumnos do centro e Javier  acudiron para darlle ao alumnado unha formación en primeiros auxilios. Tras unha  completa explicación teórica, os nenos e nenas puideron pór en práctica todo o aprendido. 










 

XORNADAS DEPORTIVAS

A semana pasada, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, asistiron a unhas xornadas deportivas na Estrada xunto con outros centros do  concello. Durante a mañá, os alumnos/as de terceiro disputou varios partidos de brilé mentras o alumnado de cuarto se centrou en badmintón.