O mércores 23 de febreiro conmemoramos o día que naceu Rosalía de Castro, fai 185 anos.
Este é o primeiro ano que se celebra o día de Rosalía de Castro o 23 de febreiro e non o 24.
O cambio prodúcese despois de que a filóloga Sagrario Abelleira revelase documentación
que acredita que a autora de Follas Novas e Cantares Gallegos tería nacido un día coma
hoxe.
Coincidindo con esta celebración, no centro fixemos varias actividades na súa honra.
O alumnado de Infantil participou na decoración da pancarta.
Logo o alumnado de 1º. 2º e 3º leron unha pequena biografía e recitaron os primeiros
versos de "Adiós ríos, adiós fontes" "
Por último todos xuntos, cantamos a canción "No bico un cantar" un poema de Curros
Enríquez adicado a Rosalía de Castro.
Pola tarde o Teatro Principal da Estrada, acolleu un acto onde diferentes nenos e nenas
dos centro educativos recitaron poemas de Rosalía.
En representación do noso centro, acudiu Antón alumno de 3º de primaria e María alumna
de 4º de primaria. Xuntos recitaron un poema do pomeario "A VOLTA AO LAR".
Tamén se presentou o vídeo elaborado por Lucas Terceiro para o Departamento de cultura
No hay comentarios:
Publicar un comentario