O pasado venres levouse a cabo unha actividade de dinamización da lectura coa colaboración da librería Aenea de Santiago de Compostela.
Lola, encheu a biblioteca de fermosos libros para todos os gustos e idades.
En Educación Infantil representounos o conto a "Abelliña que perdeu as ás" do escritor Ramón Romero Nogueira, que mesmo os cativos do colexio tiveron a ocasión e falar co autor para darlle as gracias por escribir este conto que versa dunha abella algo despistada.
En Educación Primaria, os alumnos foron os encargados de elixir aqueles libros que máis lle gustasen, facéndonos despois Lola unha presentación dos mesmos. Escollimos un montón de obras de tódolos xéneros: narrativas, divulgativas, mangas...
Agora, xa forman parte das estanterías da nosa biblio!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario