Como ben sabedes, o pasado venres, 23 de Febreiro, celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar dita celebración, dende o centro, realizáronse varias actividades.
Por unha parte, dous alumnos de quinto, Saleta
e Mario, acudiron ao Teatro da Estrada para participar no recitado de poemas de
Rosalía, xunto con estudantes doutros centros do concello. O poema elixido polo
noso alumnado, nesta ocasión, foi Campanas de Bastabales.
Ademais, durante o acto presentouse o vídeo Un pelouro que roda. Videoclip gravado e
musicado por A Banda da Loba, do que o noso alumnado tamén é protagonista.
Animámosvos a velo!
Seguindo con actividades adicadas a esta
conmemoración. Durante a xornada de onte, os alumnos e alumnas de cuarto fixeron
unha presentación sobre a escritora, achegando datos sobre a vida e obra desta importatísima poetisa.
Finalmente e para concluír, aproveitamos a
xuntanza para repartir as mochilas viaxeiras, cargadas de xogos e lecturas,
para que tanto nenos como familias, desfruten da lectura dende os fogares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario