Continuamos cunhas novas entregas da nosa participación no programa O Termómetro da TVG.
A continuación, ensinámosvos o resultado!
Continuamos cunhas novas entregas da nosa participación no programa O Termómetro da TVG.
A continuación, ensinámosvos o resultado!
Durante esta xornada, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, acudiron a unha videoconferencia impartida polos especialistas de A.E.A.E.(Asociación Española para a prevención do Acoso Escolar), centrada nas estratexias para previr e combater o acoso escolar. Esta charla contou tamén coa colaboración de Eloi Moreno, autor de Invisible e Redes, dúas novelas que abordan dita temática.
Como ben sabedes, todos os cursos, contamos con varios colaboradores na biblioteca. Este ano, son os alumnos e alumnas de sexto, os encargados de botarnos unha man: realizarán préstamos e devolucións, encargaranse de manter ben colocados os libros, dirixirán o programa de radio, farán talleres de dinamización da biblioteca durante o recreo, entre outras moitas funcións.
Presentámosvolos!!!
Como vos comunicabamos na publicación anterior, o alumnado, familias e incluso o conserxe do cole, participaron no programa O Termómetro da TVG.
A continuación, ensinámosvos o resultado!
Este martes, a biblioteca converteuse nun gran estudo de gravación. O equipo do programa "O Termómetro" emitido na TVG, acudiu ao centro para gravar unha sección que se centrará nas diferenzas interxeracionais, comparando hábitos de vida de nenos e persoas maiores.
Varios alumnos/as do centro participaron nesta gravación compartindo as súas vivenzas así como familiares dos nosos cativos/as.
Estamos desexando ver o resultado que, por suposto, compartiremos a través desta canle!
Dende a biblioteca, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar. A nosa biblio, xa se atopa aberta, desexando recibirvos a todos e todas con centos de lecturas que agardan ser lidas.
Para animarvos, amosámosvos no noso mural expositor, algún exemplar de coleccións divertidísimas, atoparédelas completas dentro. Animádevos a entrar e desfrutar das mesmas!
Aquí vos deixamos as recomendacións lectoras para este verán que realizamos conxuntamente entre os centros da contorna:
- CEIP PLURILINGÜE DE OCA
- CEIP DO FOXO
- CEIP CABADA VÁZQUEZ
- CEIP PÉREZ VIONDI
- CEIP DE FIGUEIROA
FELIZ VERÁN E MOOOI BOAS LECTURAS
Chega o momento en que toca despedirse, por este curso, RadiOca, pecha o seu estudo de gravación, pero antes queremos deixarvos un podcats cunha serie de recomendacións, algunhas son para o verán.
O pasado xoves, todo o centro, compartimos un día de excursión, visitamos a illa de Ons. Unha xornada moi divertida, na que realizamos unha pequena ruta guiada para coñecer este fermoso parque natural, desfrutamos da praia, comimos de pícnic e, para rematar, realimos un xogo de pistas que nos permitiu saber máis deste lugar.
O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron a semana pasada unha charla de educación sexual, da man da sexóloga Sabela Maceiro Mato, de Desexos.
Unha charla moi didáctica e necesaria!
Esta semana visitounos Aitor, antigo alumno do centro e primo de Noa para contarnos un fermoso conto titulado SI YO TUVIERA UNA PÚA
Moitas grazas familia!!!
O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria desfrutaron, fai unhas semanas, dunha magnífica e divertida excursión a Cantabria. Foron catro días moi intensos, nos que puideron coñecer a praia das Catedrais, a cidade de Santander, visitar Cabárceno, as covas do Soplao, realizar o descenso do Sella e coñecer o acuario de Xixón. Ademais, o bo tempo, permitiulles aproveitar a piscina do noso aloxamento.
Dende logo, unha experiencia única e inolvidable para todos/as!