cartas de amor

miércoles, 23 de abril de 2025

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS

Onte, o músico José Manuel López "Josele", veu ao noso centro para amosarnos e explicarnos os instrumentos que se empregan na música tradicional.

Ademais Josele, músico nado en Vedra, é o primeiro titulado da historia no Máster en Interpretación Musical no itinerario de Gaita, outorgado polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.

A titulación deste recoñecido intérprete supón un fito histórico nos estudos académicos de gaita e supoñen a equidade da gaita con respecto a outros instrumentos cunha longa traxectoria académica, revertendo así nunha maior profesionalización dos seus intérpretes.


 






Ao rematar con este obradoiro, Josele concedeunos unha entrevista para a radio. 




Podedes escoitala pinchando sobre a seguinte imaxe! Agardamos sexa do voso agrado!


PROXECTO eTWINNING

 Ao longo destas semanas participaremos nun proxecto e-Twinning con outros países.

Aquí podedes ver as actividades que imos facendo.

 

https://www.canva.com/design/DAGf7YSQrno/8B0aPyy3Z_chnAL2nYt6rA/edit

martes, 22 de abril de 2025

DESPEDIMOS O SEGUNDO TRIMESTRE

Para despedir o segundo trimestre, o día estivo cargado de diferentes talleres e actividades lúdicas para poñer fin a este período do curso e dar a benvida ás merecidas vacacións.

Por unha banda, realizamos diferentes talleres: 

- Un taller artístico, no que todo o alumnado do centro, de xeito colaborativo, realizou un mural relacionado co PDI, titulado Vivamos a nosa música. Dito mural, amosarase na exposición que se realizará o Día das Letras Galegas.

- Un taller de cociña, no que os nenos e nenas elaboraron pedras de Santiago, coa súa posterior degustación. 

- E, por último, un taller de creación de marcapáxinas. 













Ademais destes talleres, realizouse unha pescuda de ovos de chocolate por todo o patio do centro.


E xa para rematar, o cole converteuse nun verdadeiro cine. Proxectáronse varias películas e os alumnos/alumnas puideron decidir cal ver en función dos seus intereses.

MIROLEO RECOMENDA

Este mes de abril, mes do libro, Miroleo aposta pola variedade, recomendando libros de  distintos xéneros e temáticas. Son todos novidades, achégate a velos!

jueves, 10 de abril de 2025

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

 Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron unha saída á Estrada para celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA.

 











 




DÍA MUNDIAL DA SAÚDE.

 Hoxe visitamos o Centro Médico de Oca para conmemorar o DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (celebrado o pasado día 7 de abril).

Aproveitando este día solleiro, fomos camiñando e ademais hoxe celébrase DÍA DA ACTIVIDADE FÍSICA NA RÚA, asique que mellor maneira de facer unha camiñata ao aire libre e na fermosa contorna do colexio.