cartas de amor

jueves, 18 de diciembre de 2025

DINAMIZACIÓN DOS RECREOS DENDE A BIBLIOTECA

Durante este primeiro trimestre leváronse a cabo diferentes actividades de dinamización durante os recreos. Estas actividades consistiron no deseño e desenvolvemento de diferentes talleres por parte do alumnado.

Como xa se publicou con anterioridade, a comezos de trimestre desenvolveuse un taller de papiroflexia. 

Continuose cun taller de creación de chapas, impartido por Sara.


Por outra parte, Celia preparou un taller de deseño e creación de pompóns



Uxía e Xoel, pola súa banda, crearon un taller de deseño de máscaras empregando materiais reciclados.




       

E por último, Lía e Nerea organizaron un taller de baile, cun detalle incluído para todos os participantes.






Un gran traballo por parte do noso alumnado!
No segundo trimestre continuaremos con moitos máis talleres!!

TALLERES NAVIDEÑOS

Durante o mes de Decembro, dende a biblioteca levouse a cabo un taller de deseño e creación de adornos navideños, empregando para iso a cortadora láser. Os máis cativos recurriron a un deseño común a partir do cal fixeron diferentes variacións, mentres os maiores do centro elaboraron totalmente o seu propio adorno. 











Estas creacións adornan agora as diferentes árbores de Nadal das aulas e a partir de mañá, decorarán as casas de todos os nosos alumnos e alumnas.




CHARLAS

Durante a xornada de onte, o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria, recibiron unha charla interesantísima da man de Javi e Belén, dous fisiterapeutas, que desempeñan a súa labor no hospital da Paz e pertencentes á fundación Unoentrecienmil. 

Estes profesionais, explicáronlle ao alumnado en que consiste a súa labor, como o deporte beneficia o tratamento de pacientes oncolóxicos, en concreto, nenos/as; podendo reflexionar de forma conxunta sobre os beneficios do deporte, incluso nas situacións máis complexas. 





jueves, 4 de diciembre de 2025

25 N: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Para conmemorar esta data realizáronse varias actividades. Por unha parte, o alumnado de 1º e 2º de Primaria, crearon o Mural do bo trato. Entre todos/as elaboraron un mural con palabras e expresións amables, reflexionando sobre a importancia das mesmas. 



Por outra parte, o alumnado de 5º de Ed. Primaria, deseñaron e crearon placas relacionadas coa temática, coa axuda da cortadora láser. 



XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares

Tamén participamos no XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares. En concreto, tres alumnas de 2º e 3º de Ed. Primaria, Carolina, Xiana e Allegra, acudiron a este encontro en torno á poesía, recitando uns poemas de Xosé Luna recollidos no libro Viaxando Viaxando.  

PARTICIPAMOS NA MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA

Como xa é tradición no noso centro, o pasado 27 de novembro, participamos na mostra de teatro Olimpio Arca Caldas, xunto con outros centros do concello. Neste caso, a obra escollida para interpretar foi "O segredo do Xabarín". O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fixo un percorrido pola historia deste coñecidísimo programa, incorporando as cancións máis coñecidas e tan presente na memoria de todos/as nós.


Aquí, vos deixamos un pequeno fragmento da obra. Convidámosvos a vela completa no Festival de Nadal!


miércoles, 3 de diciembre de 2025

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o mes da ciencia, recibimos na nosa biblioteca, a Toupiciencia e o seu axudante Protonio, quen a partir de divertidos e dinámicos experimentos foron demostrando diferentes principios científicos, coa axuda do noso alumnado. 





Ademais, o alumnado de quinto de Primaria, fixo unha gran investigación e exposición sobre O Universo, amosándolles a todos os compañeiros/as do centro o estudado.

martes, 2 de diciembre de 2025

VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 Un ano máis seguimos cunha das actividades de mais éxito do colexio, o VIII CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL!!!🎄🎅🎇

Poderán participar todos aqueles alumnos e alumnas do centro. De entre todas as postais escolleremos dúas, asique animámosvos a todos a participar  e deixade a vosa imaxinación voar!!