XA ESTÁ AQUÍ O BIBLIOENIGMA NÚMERO 2.
PREPARADOS???
Nesta ocasión toca investigar sobre este froito que estades vendo na foto.
Mmmmm ... que ben sabe!!!
Non esquezades recoller a "tarxeta de participación" na biblioteca das palabras máxicas.
BOA SORTE E BOA INVESTIGACIÓN!!!
Aquí tedes unha pequena información que vos pode ser útil:
A CASTAÑA
(Nome científico: castanea sativa)
A castaña é un dos alimentos máis antigos da humanidade. Dende o Paleolítico o home aproveitouse e alimentouse dela. Ata hai poucos anos eran alimento base da poboación europea. No século XVI viñeron as patacas e o millo de América e pouco a pouco as castañas perderon protagonismo.
Pódense comer de moitas maneiras: asadas, cocidas... (Cando lle quitamos as cascas ás castañas cocidas, frescas ou asada, dise debullar). Antigamente facíase fariña coas castañas secas, tamén chamadas "pilongas".
A árbore que dá as castañas é o castiñeiro. O número de castiñeiros diminuiu en Galicia a pesar das repoboacións, a causa é principalmente pola invasión de piñeiros, eucaliptos e outras especies arbóreas, así como tamén os incendios forestais.
De todas as árbores que hai en Europa, o castiñeiro é a árbore que máis anos pode chegar a vivir. O castiñeiro máis famoso do mundo está en Italia, na provincia de Catania e dise que ten uns 3.000 anos. En Galicia o máis antigo está no concello de Manzaneda (Ourense) e calcúlase que pode ter uns 1.000 anos. Precísanse dez persoas adultas collidas da man, cos brazos extendidos, para poder rodear o contorno da árbore. A flor dos castiñeiros chámase candea.
Cando celebramos a festa do magosto, adoitase facer xogos populares, bailar, cantar ... É común tiznarse a cara uns aos outros cos restos da fogata e saltala para que dea boa sorte.
A castaña é o froito máis ligado á nosa cultura, ten un amplo vocabulario que a identifica nas súas diferentes formas e fases de crecemento. Forman parte do noso refraneiro popular, deron orixe a moitos topónimos de Galicia e están presente en moitas expresións que usamos a cotío. Algunha destas expresións son:
- Non estar para asar castañar (quere dicir: non ter ganas de festa)
- Pegarse un castañazo (quere dicir: darse un golpe forte)
- Manda castaña! (usamos esta expresión cando algo nos sorprende)
A castaña é un alimento moi nutritivo. Nesta táboa podes ver todo o que achega ao noso corpo:
Aquí podes atopar información e xogos sobre a castaña:
CONTO PARA INFANTIL: A CASTAÑA QUE REBENTOU DE RISA
CONTO PARA INFANTIL E PRIMEIRO CICLO: A CASTAÑEIRA
ACTIVIDADES PARA INFANTIL E PRIMARIA (1º- 6º)
PARA SABER MÁIS (PRIMARIA)
VIDEO SOBRE O MAGOSTO
RECEITAS CON CASTAÑAS (castelán)
- Flan de castañas (http://cocinavino.com/recetario/receta_info.php?id_receta=16714)
- Croquetas de castañas
- Tarta de castañas
- Outras recitas http://cocinavino.com/recetario/busca_receta_resultados.php
No hay comentarios:
Publicar un comentario