cartas de amor

jueves, 5 de junio de 2025

CREAMOS!

Como ben sabedes, a biblioteca non é só un espazo de lectura, senón tamén un lugar no que escribir e deixar voar a nosa imaxinación. 

Deste xeito, o alumnado de Proxecto Competencial e os cativos de 6º de Ed. Infantil, puxéronse mans á obra e crearon os seus propios contos. 

Os primeiros, dedicáronse a crear libros monstruosos. As portadas son moi chamativas, imaxinade o seu interior!


Mentres os máis pequenos, centráronse na creación dun conto disparatado, entre todos, cun resultado moi orixinal e divertido.


Todos están na biblioteca expostos, agardando ser lidos! Esperámosvos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario