cartas de amor

lunes, 24 de junio de 2024

EXCURSIÓN DE FINAL DE CURSO

O pasado vernes 21 todo o colexio visitamos MARCELLE. Foi unha fermosa xornada onde aprendemos sobre a importancia de respetar e protexer a fauna silvestre así como a conservación da natureza.





























jueves, 20 de junio de 2024

DINAMIZA TV

Xa está dispoñible o programa Dinamiza TV do noso centro. Dende a biblioteca xa puidemos desfrutar do estreo. Animámosvos a velo!!


FINAL DO TORNEO DE XADREZ

Co fin do curso, tamén chegou a final de xadrez... Foron dous alumnos de quinto, Izan e Anxo, quenes disputaron esta final, coroándose este último como gañador.

Dende a biblioteca, queremos agradecer a todos os participantes e animar a todo o alumnado a participar na próxima edición.

A continuación, amosámosvos unhas fotos da final e entrega de premios.


EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de sexto de Ed. Primaria disfrutou dunha excursión a Cantabria para pór fin, da mellor maneira posible, a esta etapa. Foron catro días moi intensos, nos que puideron coñecer a praia das Catedrais, Santander, visitar a cova do Soplao, as covas de Altamira, Cabárceno, acuario de Gijón, entre outras moitas actividades. Ademais, o bo tempo, permitiu aproveitar a piscina e completar todas as actividades do parque multiaventura.

Dende logo, unha experiencia única e inolvidable para todos!













miércoles, 19 de junio de 2024

A VENDEDORA DE FUME

 Hoxe tivemos na biblioteca a preestrea dun novo espectáculo, unha obra teatral a cargo de Cristina Collazo titulada" A vendedora de fume". Unha obra en homenaxe a  Manuel Otero Espiño.










martes, 18 de junio de 2024

DINAMIZA TV

Un ano máis, chega a actividade de DINAMIZA TV.

Aquí vos deixamos todos os traballos realizados.


CEIP PÉREZ VIONDI


IES  Nº1 

CEIP FIGUEIROA

CEIP CABADA VÁZQUEZ


IES MANUEL GARCÍA BARROS


CPR PLURILINGÜE NOSA SEÑORA  DE LOURDES

CEIP VILLAR PARAMA

CEIP PLURILINGÜE DE OCA



lunes, 17 de junio de 2024

PLANTACIÓN HORTO ESCOLAR

O pasado mércores 5 de xuño, con motivo do DÍA DO MEDIO AMBIENTE, rematamos a plantación do noso horto: leitugas, repolos, sandía e pementos.