Cada 2 de febreiro en Galicia dise que "casan os paxariños"
O alumnado de Educación Infantil tamén quixeron facer os seus paxariños 🐦
Ademais no noso refraneiro popular, son numerosos os ditos e refráns que aluden á celebración da Candeloria:
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, metade do inverno está por pasar.
Cando a Candeloria chora a metade do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario