cartas de amor

miércoles, 9 de octubre de 2024

ACTIVIDADE O BOSQUE ATLÁNTICO

 O alumnado de 6ºde Ed. Primaira  gozou ás primeiras horas da mañá do 25 de setembro dun obradoido chamado "Bosque Atlántico". Constou de dúas actividades: unha primeira na que se presentaron 25 árbores autóctonas con mostras de follas, froitos, flores, sementes ou cortizas; e unha segunda na que xogaron por equipos nun taboleiro xigante, similar ó xogo da oca, pero con casiñas que conteñen ilustracións das árbores, follas, etc., traballadas previamente. O fin da actividade é dar a coñecer as árbores autóctonas e a súa importancia para o equilibrio ecolóxico, os animais que nelas habitan, e coñecer as especies forestais foráneas e os seus riscos; co fin último de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da conservación e da recuperación do bosque atlántico.

 







No hay comentarios:

Publicar un comentario