cartas de amor

martes, 21 de enero de 2025

miércoles, 15 de enero de 2025

FESTIVAL DE NADAL

O noso festival de Nadal estivo repleto do magníficas actuacións protagonizadas por todo o alumnado do centro. Gozamos coas súas panxoliñas, obras teatrais, interpretacións musicais e bailes. Ademais recibimos unha visita do máis especial, o mesmísimo Papá Noel acudiu ao noso centro, cheíño de agasallos!

A continuación, amosámosvos algúns vídeos e fotografías destes espéctaculos. 

Agardamos que vos gusten!!



























jueves, 9 de enero de 2025

VII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas

A  Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de  Olimpio Arca Caldas e dentro do seu compromiso coa continuidade do seu labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural, presentamron a VII Mostra de Teatro Escolar  que leva o nome do homenaxeado. 

As xornadas celebráronse no Teatro Principal da Estrada durante os días 26 e 27 de novembro ás 18:30 h, co seguinte programa:

Martes,  26 de novembro, ás 18:30 h:
  • CEIP do Foxo: "Xoana a sombra bulebule"
  • CEIP Figueiroa: “Bailamos ?”
  • CEIP Villar Paramá: “FERMOSA”.
  • CEIP Oca: "O Mago de Oca"
  • IES Avelina Valladares: - “O Tesouro do Castro”.

Mércores, 27 de novembro, ás 18:30 h:
  • CEIP Cabada Vázquez: "Porque o valgho eu!"
  • CEIP Pérez Viondi: “ A bolboreta Arlequina”
  • IES Antón Losada Diéguez: "A vida é un cásting"
  • IES Manuel García Barros: "Wombo Combo"

Sen dúbida, o teatro na escola é unha actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, idóneo para mellorar a  capacidade comunicativa, para fomentar actitudes solidarias e de traballo cooperativo, para incrementar a creatividade e o sentido estético, para mellorar a integración no grupo e ao mesmo tempo avanzar na autonomía persoal...