A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca Caldas e dentro do seu compromiso coa continuidade do seu labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural, presentamron a VII Mostra de Teatro Escolar que leva o nome do homenaxeado.
As xornadas celebráronse no Teatro Principal da Estrada durante os días 26 e 27 de novembro ás 18:30 h, co seguinte programa:Martes, 26 de novembro, ás 18:30 h:
- CEIP do Foxo: "Xoana a sombra bulebule"
- CEIP Figueiroa: “Bailamos ?”
- CEIP Villar Paramá: “FERMOSA”.
- CEIP Oca: "O Mago de Oca"
- IES Avelina Valladares: - “O Tesouro do Castro”.
Mércores, 27 de novembro, ás 18:30 h:
- CEIP Cabada Vázquez: "Porque o valgho eu!"
- CEIP Pérez Viondi: “ A bolboreta Arlequina”
- IES Antón Losada Diéguez: "A vida é un cásting"
- IES Manuel García Barros: "Wombo Combo"
Sen dúbida, o teatro na escola é unha actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, idóneo para mellorar a capacidade comunicativa, para fomentar actitudes solidarias e de traballo cooperativo, para incrementar a creatividade e o sentido estético, para mellorar a integración no grupo e ao mesmo tempo avanzar na autonomía persoal...
Aquí tedes os vídeos de todas as actuacións https://www.tabeirosmontes.com/novas/vii-mostra-de-teatro-escolar-olimpio-arca-caldas-en-video
No hay comentarios:
Publicar un comentario